El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Apunte

A importancia do liberalismo

07-11-2025

A importancia do liberalismo nas provincias de Mondoñedo e Lugo a comenzos do século XIX queda patente na figura de dous destacados personaxes como foron o mindoniense D. José María Moscoso de Altamira, primeiro Conde de Fontao, e D. José Ramón Rodil, Marqués de Rodil, e heroe do Callao, derradeira posesión española dentro do continente americano, natural de Trobo, ó carón de Fonsagrada. 

O primeiro ocupóu por dúas veces o Ministerio de Fomento, sucedendo a Javier de Burgos na segunda delas en 1834, cando Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui viñan de perder a capitalidade de Provincia. Ironías da vida. 

José Ramón Rodil accedería en 1842 á Presidencia do Consello de Ministros e ese mesmo ano crearíase por Decreto o Instituto Provincial de Lugo, primeiro centro educativo de segunda ensinanza de Galicia. 

Co decreto do ano 1833 un novo marco político se presenta na política española pasando ás actuáis provincias, coa excepción das illas Canarias, que se desdoblarían máis adiante. 

A provincia convértese na célula de actuación política local e no distrito de organización electoral, fiscal e militar. 

En Galicia tiñamos sete provincias, antes cinco, e agora quedarían catro, sendo Tui, Betanzos, Mondoñedo e sobre todo Santiago as cidades perxudicadas. 

Fai case douscentos anos a provincia convertíase en elemento de actuación política e administrativa. Vai agora para cincuenta que coa chegada da democracia e as autonomías, amén do grande pulo do camiño, Santiago recuperaría todo o seu esplendor. Non así as otras tres cidades. 

Xurde o autonomismo como elemento de actuación política e de organización social territorialmente descentralizada. Curiosamente as Comunidades de Madrid, Euskadi e Nafarroa son as que teñen un PIB per cápita máis elevado. Verdadeiro exemplo de autonomismo asimétrico. 

A día de hoxe non esperamos gran cousa das autonomías nin do federalismo socialista, nin tan siquera lealdade federal algunha. Como apuntan os profesores González Trevijano e Pereira Menaut “Hai moito de crise nun modelo territorial que require primeiro lealdade autonómica (bundestrue) e despóis un reforzamento das políticas de colaboración, coordinación, cooperación eficacia e eficiencia entre o Estado e as CCAA. 

Temos representantes políticos en Madrid, Bruselas, Santiago e tamén nas Deputacións, incapaces de consensuar as políticas de Estado en materias coma o modelo territorial, a educación, política exterior, sanidade ou extranxeiría, e recentemente os fusos horarios. Galicia queda claramente fora do fuso horario do resto da España peninsular, e non nos corresponde ter o mesmo horario. 

Reivindicamos a plena potestade tributaria de Galicia porque sin cartos propios non imos a ningures. No exercicio democrático e inalienable que teñen os pobos á autodeterminación poderíamos inclusive chegar a renunciar a cotas maoires de soberanía , pero sempre co contrapeso de que o estatismo non aumente en España e aínda menos en Europa. A día de hoxe os Estados canto maiores e máis lonxe peor que peor. Xosé María Artiaga Díaz / Presidente de Coalición Galega 

Cartas al Director


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca