El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Ernesto González Valdés
Apunte

Democracia contra golpismo

16-01-2026

O golpismo evolucionou adaptándose aos novos tempos, xa que comeza a estar mal visto o golpismo a tiros, con intervención do exército, , ao estilo das ditaduras de Arxentina ou Chile, mais difícil de xustificar. 

Agora búscanse métodos mais sofisticados, mais aceptables para a opinión pública. 

O método xira en forzar o desprestixio dos gobernantes, da clase política dominante que sole rematar no desprestixio do sistema democrático, como culpable do ascenso de xente non recomendable. Obviamente, en consecuencia, din os golpistas que eso é por que a xente non sabe votar, non tén a suficiente pericia para ver a trastenda de certos políticos, está fanatizada, etc. Entón aparecen os salvapatrias, uns visionarios con moito sentidiño a emendar a desfeita das malas mañas dos demócratas, é dicir, un sistema gobernado por unha minoría. Mais autoritario. 

O caldo de cultivo, para chegar ao obxectivo final, prepárase principalmente a base de mentiras, bulos, inventarse enemigos e problemas que non existen, acusacións sen probas, a oposición recibe apoios de grupos que se van favorecer co cambio, dependendo do país trátase de bloquear a economía para aumentar o malestar, fomentar as revoltas cidadáns, hasta poder derribar aos gobernos, por causas “xustificadas” e antidemocráticas. 

En España, este proceso, iniciouse antes das eleccións Xerais do 2024, e agudizouse logo das mesmas. Ao dia seguinte das eleccións, os falsos demócratas, proclamáronse como os únicos lexitimados para formar goberno. Primeira mostra do seu pedigrí democrático. Non recibiron os apoios suficientes para formar goberno e, despois do “non goberno por que non quero” toda unha contradición co “vaiase señor Perro Sanchez” a empurróns, dunha elegancia exquisita, do mesmo nivel que o simpatiquísimo “Me gusta la fruta” da honorable marioneta do M.A.R, comezaron a descalificar a solución alternativa tildandoa de ilexítima. 

Logo de ver que esto non era suficiente para un golpe autoritario, por que tiñan présa e tampouco estaban pola labor de esperar a unhas novas eleccións, comeza a caza de bruxas a través de medios e seudo periodistas, mercenarios. 

A todo esto véñense a sumar xuíces, claramente politizados que, cada vez e de forma mais notoria, aceptan denuncias e ditan sentencias esperpénticas. Que alargan investigacións sen fundamento xurídico hasta o infinito para causar dano no honor dos investigados. Que alargan procesos para que caduquen ou acaben nunha sentencia de miseria, converténdose en actores, protagonistas da política, pola porta de atrás. 

Tamén xa se empeza a trascender que, certos sectores das cloacas do estado, teñen un funcionamento autónomo e independente do goberno co obxectivo de desestabilizar. 

Pois claro que o actual goberno pode ser criticable, como outro calquera, por que tampouco é perfecto, pero non mediante a manipulación e desinformación do cidadán. Tamén se pode aspirar a sustituir a un goberno pero nunca por procedementos antidemocráticos. 

O mais sagrado é o respeto as regras democráticas, que implica o recoñecemento das maiorías e do dereito das minorías a poder participar en política. Sen esto, todo o demais, non serve para nada. 

Os que predican que estamos nunha ditadura son, paradóxicamente, os que nos queren levar a un sistema mais autoritario. 

Estamos nunha orde mundial na que se nos fomenta o individualismo e a avaricia extrema. Onde se estimula a falta de empatía, coa falacia de que cada quen tén o que se merece por que o que se esforza tén éxito, e que non hai que compartir cos mais desfavorecidos por que son os que menos se esforzan e quen se esforza pode chegar a onde queira. Todo esto son mentiras construídas para favorecer aos mais podentes. A mais o individualismo favorece que os individuos non se organicen frente aos abusos dos mais poderosos. 

Todos precisamos de todos, incluídos os ricos por que, para empezar, sen os demais non existirían nin os ricos. Se desaparecera a poboación mais pobre, incluso os ricos acabarían na miseria. Por eso axudar aos menos favorecidos, a parte de facernos mais humanos, tamén se converte nunha axuda para nós mesmos por que precisamos do resto da humanidade para sobrevivir sen retroceder ao paleolítico. 

No orde mundial estanse a producir cambios importantes. Hai un imperio tirano que leva décadas esquilmando ao resto do mundo, sen aportar nada. Todo apunta a que comeza a ter dificultades para manterse como gran e única potencia, tentando de sobrevivir co a volta as súas tiranías, de xeito xa descarado. Por outra banda, están emerxer novas potencias que basan a súa existencia en colaborar co resto dos países, sen imposicións económicas nin militares. Un mundo multilateral, mais respetuoso e democrático. 

Os demócratas estámonos xogando continuar en democracia ou retroceder a épocas autoritarias. A nosa misión e poñer todos os medios para que eso non ocurra. Tarea difícil pero non imposible. 

Todo aparenta que o tempo xoga ao noso favor. Acaban caendo as máscaras dos tramposos, acábanse desmontando os discursos falaces e cainitas e camiñando hacia un multilateral con contrapesos. Darlle tempo ao tempo. Fernando Alonso Lorenzo (Secretario Xeral de Coalición Galega)

Cartas al Director


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




+ Comentadas

Videoteca