El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Apunte

Nin Sanchez nin Feijoo...

08-10-2026

Nin Sanchez nin Feijoo, os grandes xestores deste país, nin tan siquera a gran Yolanda Díaz, foron quén de suxerir unha solución coherente en tempo e forma para a recente invasión de Ceuta e moito menos para o problema da vivenda en España. 

Ana Belén Vázquez e JJ Vivas son as caras visibles do PP neste drama humano. 

Vivas chegóu ó cargo tras unha moción de censura despóis de ir de número cinco na candidatura do PP nás eleccións de 1999. 

Vazquez forma parte da garda pretoriana do acuartelamento popular ourensán, e consegue o que non logrou nin o mesmísimo Tejero, o desaloxo do Congreso dos Deputados, ao tempo que se converte na gran defensora das mulleres ceutíes. 

Anno Domini 2015, PSOE e BNG non se poñen dacordo no Goberno da Deputacion de Lugo e fanlle entrega da mesma durante tres meses ao PP. 

Xa a comezos de 2024, a comedia continúa, e coma o demo cando non ten que facer mata moscas co rabo, o PSOE ten a grande ocurrencia de activar o relevo da Alcaldía de Lugo como “reforzo”do seu Secretario Xeral en Galicia. Menudo pifoste que teñen montado desde entonces na cidade das murallas as dúas candidatas da antiga provincia Mindoniense, e para màis inri baronesas dos dous grandes partidos da nación española. 

Todo o que está a envolver a política deste país noso chamado Europa, España ou Galicia, é obscuro e mediocre, coma os personaxes que deberan estar a defender os intereses dos cidadáns e non os das grandes corporacións. 

E se non que llo pregunten ós lucenses, ourensáns ou ceutíes que están á cola en caseque todolos rankings de desenrolo económico e de benestar. 

Coidan vostedes que estos personaxes que viven da política, sen experiencia laboral algunha, nos van a solucionar o problema da vivenda ou da inmigración, ou van sacar do ostracismo a comunidades consideradas de segunda ou terceira como Galicia, Extremadura, Canarias, Andalucía, León ou Castela? 

Unha das cartas que podería ter xogado o actual goberno “progresista” era botar man da Sareb para alugar e vender vivenda social en España pero preferiron seguir colaborando cos fondos voitre ao máis puro estilo da exprimeira dama i ex alcaldesa de Madrid, que tanto teñen criticado. 

A Sareb adxudicou a Hipoges e a Anticipa-Aliseda, entidades pertencentes a Fondos Voitre, a xestión de préstamos e inmobles por máis 25.000 millóns de euros tras a súa Nacionalización en Xaneiro de 2022. 

Conviría facer unha comparativa da fracasada e ruinosa política comercial que seguiu a SAREB con respecto á exitosa do BancoMalo irlandés cuxa débeda privada foi cancelada antes do previsto. 

Resulta evidente que tanto populares como socialistas e comunistas están máis pendentes de servir aos intereses das grandes corporacións que non aos dos cidadáns que os elexiron para defender o seu dereito a unha vivenda digna. 

Por outra banda a falta de promoción e fomento da vivenda pública por parte das aministracións autonómicas en España é un feito. 

Durante décadas, gran parte da Vivenda de Protección Oficial promoveuse para a venda e, pasado un prazo legal quizaves demasiado curto, esas vivendas pasaron ao mercado libre. Isto fixo que o parque público de vivenda social actual sexa residual (arredor do 2%) moi lonxe do 9% da media na Unión Europea.  

E se para solucionar a vivenda, a inmigración, o despoboamento ou o atraso territorial seguimos necesitando únicamente discursos, comunicados, guerras partidarias e fotografías de grupo, talvez o problema non sexa que falte política. 

Talvez sexa que sobra. 

Ou, polo menos, sobra desa política que sabe perfectamente como chegar ao cargo e aínda está buscando como chegar aos resultados.Porque Ceuta, Lugo, Ourense i España en Xeral non necesitan máis capítulos da serie. 

Necesitan que, dunha vez por todas alguén empece a dar solucións. Xosé María Artiaga Díaz (Presidente de Coalición Galega)

Cartas al Director


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




+ Comentadas

Videoteca