A desconexión que estamos a vivir na Galiza con Europa e Madrid é cada día máis grande i é unha constante que se repite invariablemente desde hai cincocentos anos e que deberiamos ter presente nos vindeiros comicios xeráis, municipáis e autonómicos.
Os galegos, fogoneros na periferia, intentamos contactar co Posto de Mando de Atocha e ninguén resposta. O desamparo e a desconexión que sentimos con Europa tamén é evidente.
Lanzarote e El Hierro están en emerxencia migratoria pola chegada masiva de pequenas embarcacións e a Comisión Interministerial de Inmigración ainda non se reuníu. Atocha non responde ao drama humano da perigosísima j ruta atántica.
Os barcos de pavillón comunitario deberán estar fora do caladero africano o vindeiro 15 de novembro porque Bruxelas foi incapaz de conquerir un novo acordo, e os postos de mando non respostan. Os intereses pesqueiros de galegos, andaluces e canarios para voltar a faenar demoraranse varias semanas no caso de que a Unión Europea finalmente acceda a pechar as negociacións, cos prexuízos conseguintes.
A permanente chantaxe de Marrocos, Mauritania e Senegal en materia de inmigración e pesca afecta gravemente aos interese de Ceutíes, andaluces, canarios e galegos, pero aos Postos de mando parece non importarlles. En realidade a Europa a pesca de España non lle importóu nunca e os nosos problemas migratorios tampouco.
Namentras a intelectualidade do BNG, pende que pende, intenta explicarnos que a historia de Galiza non se entende sen a achega do marxismo leninismo da UPG.
Como diría o meu amigo Teo “contra las rocas se estrellan mis enojos y así toda esperanza devuelven, Malos tiempos para la lírica …” / Xosé María Artiaga Díaz (Presidente de Coalición Galega)
Cartas al Director