Pontevedra.- O
Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, mantivo un encontro hoxe cos alumnos e profesorado do CEIP de Riotorto, vencedores dos premios
do Programa de Fenoloxía2017 da Rede Española de Reservas da Biosfera
(RERB), sendo o centro de ensino que notificou un maior número de variacións
nos fenómenos biolóxicos de ritmo periódico, como o florecemento ou a migración
de aves, ao longo do pasado ano, como consecuencia dos cambiosno clima.
Fernández
Queipo entregou unha selección de 25 libros do Catálogo de Publicacións do Organismo
Autónomo de Parques Nacionais (OAPN) que pasarán a formar parte da biblioteca
do centro, como recoñecemento a súa labor de investigación e avaliación dos
efectos do cambio climático na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
O
Deputado de Medio Ambiente subliñou que “é fundamental o traballo conxunto de
toda a sociedade para preservar a riqueza natural da que dispoñemos na
provincia de Lugo, pois o 55% do noso territorio está catalogado como Reserva
da Biosfera pola Unesco. Neste senso, é de recoñecer a labor de investigación
dos alumnos de sexto de primaria do CEIP de Riotorto, que o pasado ano
participaron no Programa Nacional de Fenoloxía con éxito, acadando o primeiro
premio”.
En
total, rexistráronse datos de 20 colexios e institutosreferentes a 8 reservas
da biosfera:Conca Alta do Río Manzanares;
Gran Canaria; A Palma; Mariñas Coruñesas; Grazalema, osAncares Lucenses e
Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; Terras
do Miño; e Serra do Recuncho. Foron 277 os datos fenolóxicos rexistrados
na aplicacióndo Programa. CEIP Riotorto contribuíu con máis do 25 % dos
rexistros de centros educativos a nivel nacional seguido de CEO Tunte (RB Gran
Canaria) cun 18 % dos rexistros.
O Programa
de seguimento fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera consiste
en realizar un seguimento continuado de especies comúns de fauna e flora nas
reservas da biosfera, co fin de analizar
cambios a longo prazo (adiantos ou atrasos) das datas nas que teñen lugar os
diferentes feitos biolóxicos que caracterizan ás especies estudadas:
migracións, floracións, reprodución, etcétera.
O
obxectivo do Programa é avaliar, a través de estudosfenolóxicos, os efectos do
cambio climático na Rede Española de Reservas da Biosfera, involucrando no seu desenvolvemento
aos diferentes sectores da sociedade representados nestes espazos: xestores,
profesionais, profesores, escolares, agricultores, gandeiros e público en
xeral. Con iso fomentarase a sensibilización da sociedade cara á reserva da
biosfera e fomentarase a súa participación en proxectos comúns.
Tres Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO
Lugo
conta con tres Reservas da Biosfera como son As Terras do Miño; Os Ancares
Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; e a do Río Eo, Oscos e Terras
de Burón. A Reserva da Biosfera Terras do Miño foi a primeira declarada en
Galicia pola Unesco, en novembro de 2002. Ocupa unha extensión de 363.669
hectáreas, o que a converte na segunda máis extensa de todas as declaradas na
Península Ibérica, ocupando un 39% por cento da provincia de Lugo.
Pola
súa parte, a Reserva da Biosfera de Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes,
Navia e Becerreá foi declarada en outubro do ano 2006 e ocupa unha superficie
de 53.664 ha, incluíndo territorios de tres municipios: Cervantes, Navia de
Suarna e Becerreá, o que supón o 5% da provincia de Lugo. Finalmente, a Reserva
da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón foi declarada en xuño do ano
2007, sendo a máis recente e contando con unha superficie de 159.379 ha, o que
supón un 11% da superficie da provincia de Lugo. Esta superficie afecta a sete
municipios; Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A
Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Departamento de comunicación