El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director

O PPdeG quéixase ante o Valedor do Pobo pola "obstrucción" do dereito á información por parte de Cultura

03-04-2007

O voceiro de Cultura do Grupo Parlamentario Popular, Ignacio López-Chaves, presentou as súas queixas ante o Valedor do Pobo pola "obstrucción" por parte da Consellería de Cultura do dereito á información. López-Chaves solicitou informes e documentos en máis de 200 iniciativas "que non foron respostadas pola Consellería". Entre a documentación requerida atópase os documentos de A Cultura Circula, onde o PPdeG ve unha "posible irregularidade" no contrato ao irmán do conselleiro de Industria, Fernando Blanco, os documentos contables referidos ao "pago dun sobresoldo" ao secretario xeral de Cultura, Carlos Amoedo, e os contratos do Igaem. "Algo grave teñen que estar ocultando para impedir que esta documentación chegue ao Parlamento", declarou López-Chaves en referencia ao departamento que dirixe Ánxela Bugallo. "Vista la falta de amparo del Parlamento", o voceiro de Cultura da oposición presentou no rexistro do Valedor do Pobo unha queixa formal, "a ver si la conselleira recapacita y envía al Parlamento lo que es su obligación". O departamento que dirixe Ánxela Bugallo tense convertido, a xuízo do parlamentario popular, "en un lugar donde aíslan la documentación" e que recoñece "conscientemente la voluntad de limitar el derecho de información de los diputados". Cidade da Cultura O voceiro 'popular' de Cultura dixo en referencia á continuación das obras paralizadas na Cidade da Cultura que "ya era hora de que empezasen a trabajar después de dos años de gobierno". López-Chaves retou a "que nos digan cuál es el contenido" da Cidade da Cultura, motivo polo que paralizaran a construción de dous dos edificios. O voceiro criticou que Ánxela Bugallo "no fue capaz de presentar un contenido y se han tenido que reunir los presidentes de la Xunta y del Gobierno central para iniciar las obras". Neste senso, o parlamentario referiuse a unha "censura a la conselleira" por parte do máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño, ao "tomar las riendas del proyecto", xunto co presidente José Luis Rodríguez Zapatero, despois de dous anos "sin hacer nada".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias