El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Touriño anuncia que o treito de autoestrada entre Dozón e Ourense estará libre de peaxe

19-04-2007

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou que o treito Dozón?Ourense da autoestrada que une esta cidade con Santiago de Compostela se abrirá libre de peaxe para os usuarios. Os cidadáns que fagan uso deste tramo non terán que pagar peaxe, dado que o Goberno galego está a poñer en marcha a instrumentación xurídica necesaria para garantir que os cidadáns non paguen a peaxe prevista polo anterior executivo autonómico. O máximo mandatario da Xunta cumpre así co seu compromiso, anunciado no Parlamento galego, de non construír ?nin un só quilómetro? de estradas con peaxe, mentres goberne. Segundo explicou o presidente durante o acto de presentación da proposta "O Reequilibrio Territorial: Infraestruturas en Ourense", no que estivo acompañado da conselleira de Política Territorial, María José Caride, a situación herdada para a conexión entre Santiago e Ourense penalizaba de forma grave ao reequilibrio e aos propios cidadáns ao impoñer unhas peaxes que supuñan un custe moi elevado para accesibilidade e a mobilidade dun territorio necesitado de ?discriminación positiva?. Por este motivo, anunciou que o Executivo galego aplicará para liberar de peaxe aos cidadáns un sistema similar aos xa utilizados noutras actuacións como as vías do Salnés ou do Barbanza. Asemade, Emilio Pérez Touriño debullou o calendario para a posta en servizo dos 34 quilómetros que constitúen a autoestrada Dozón-Ourense, na que o Goberno galego está a investir 174 millóns de euros. Entre xuño e xullo do presente ano entrará en servizo o treito Dozón-Cea e, un ano máis tarde, farao a totalidade da conexión Dozón-Ourense. Con estas actuacións, abundou Pérez Touriño, o Goberno galego dá cumprimento a unha das súas políticas centrais: garantizar a cohesión e o reequilibrio territorial, dentro da cal as infraestruturas xogan un papel esencial.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias