El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

O sinfonismo galego protagoniza unha nova sesión dos Luns do Ateneo

01-06-2019 10:53:49
Juan Durán, Premio Reina Sofía de Composición.

Santiago de Compostela |  O Ateneo de Santiago organiza un luns máis os seus ben coñecidos Luns do Ateneo. Así, para inaugurar o mes de xuño, o vindeiro luns, ás 20:00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago, falará de “Sinfonismo galego dos séculos XX e XXI” cun dos máis importantes compositores galegos como é Juan Durán, galardoado o pasado ano 2018 co Premio Reina Sofía de Composición.

Nesta cita o compositor fará un breve percorrido pola música sinfónica galega dos últimos anos, ilustrando a súa conferencia con exemplos musicais de obras e autores non moi coñecidos do público pero esenciais para entender a nosa historia musical.

Juan Durán está considerado pola crítica e polo público como o máis importante compositor galego da súa xeración e o de maior proxección internacional, cun catálogo no que a ópera e a música sinfónica e sinfónico-coral conviven cunha importantísima produción de música de cámara e lied, ademais de infinidade de arranxos e orquestracións de música popular galega. Ten escrito obras encargadas polas dúas grandes orquestras galegas, a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, e é autor de O arame, a primeira ópera galega en máis de cen anos. A súa obra soa con frecuencia por todo o mundo baixo a dirección de grandes batutas do noso tempo. Ademais do Premio Reina Sofía de Composición, Juan Durán conta co Premio da Cultura Galega 2013, o Premio da Crítica de Galicia ou o Premio Internacional de Música Sacra, entre outros. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias