El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Deportes

CICILISMO

Os títulos de campións de Galicia de Enduro póñense en xogo en Vincios

06-06-2019 10:29:20
Presentación do Campionato de Galicia de Enduro.

Dous anos despois a localidade pontevedresa de Gondomar volverá ser este domingo o escenario do Campionato de Galicia de Enduro. Preto de douscentos riders botaranse ao monte na parroquia de Vincios dende as 08:45 horas buscando os títulos autonómicos. Nicolás Carrera (Bike Comp) defenderá a coroa absoluta masculina acadada no 2018.

O percorrido do Enduro Serra do Galiñeiro, deseñado polo club organizador +Enduro MTB, terá unha lonxitude de 30 quilómetros e un desnivel acumulado de 1.100 metros. Os treitos cronometrados serán cinco: o T1 caracterízase por ser curto e con pequenos saltos, o T2 é o máis esixente pola súa lonxitude e complexidade técnica, o T3 ofrecerá rapidez e diversión, o T4 considérase o máis natural en canto trazado e o T5 debería ser un entretido trámite para alcanzar a liña de meta.

A proba foi presentada en Gondomar coa presenza do alcalde Paco Ferreira; a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro; o presidente do +Enduro MTB, Rodrigo Artos; o presidente da Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor, Nacho Troncoso; o coordinador de Deporte Escolar de Pontevedra, Guillermo Barcia; o campión de España Júnior e vixente campión autonómico absoluto Nicolás Carrera; e a secretaria da Federación Galega de Ciclismo, Begoña Carpinteiro.


Antesala do estatal

A gran cita autonómica da temporada conta nesta ocasión co valor engadido de exercer de antesala do Campionato de España, que tamén terá lugar na ría de Vigo o 23 de xuño. Moaña acollerá ese evento no que a Selección de Galicia aspira a ratificar a súa condición de potencia no panorama estatal. A convocatoria do combinado anfitrión rematará de definirse este domingo.

Tras celebrarse no 2017 en Vincios, o Campionato de Galicia disputouse o ano pasado en Vigo co sorprendente triunfo absoluto, debido a súa condición de júnior, de Carrera. Nas restantes categorías impuxéranse David Fernández nos cadetes, Esteban Paz nos sub23, Rubén Rodríguez nos elites, Desiree Duarte nas mulleres, Santos Lemos nos máster-30, Tony Pérez nos máster-40 e Carlos José Táboas nos máster-50. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias