El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Máis de un millón á contratación de persoal técnico de cultura en concellos, museos e centros de interpretación

18-06-2019 15:30:22
Un total de 68 concellos recibirán axudas.

A Coruña | A área de Cultura da Deputación da Coruña contribúe á profesionalización da xestión cultural dos concellos coa achega de máis de un millón de euros para a contratación de persoal técnico dos servizos municipais de cultura e tamén para persoal de atención a museos e centros de interpretación municipais.  

Un total de 68 concellos recibirán este ano axudas para a contratación de persoal técnico municipal para a xestión cultural nunha nova edición da convocatoria para a que a área de Cultura da Deputación da Coruña achega 722.739 euros. A liña de axuda en concorrencia competitiva destínase ao mantemento e creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais co obxectivo de contribuír á profesionalización e ás boas prácticas no sector.  

A Deputación da Coruña fai pública tamén no Boletín Oficial a resolución do programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para a atención a museos e centros de interpretación das que se benefician neste ano 38 concellos que recibirán un total de 384.728 euros.  

"Son dúas das liñas da área de Cultura da Deputación da Coruña encamiñadas á creación de emprego no sector, xunto con outros programas como a propia Rede Cultural ou o apoio a festivais ou fundacións, por poñer un exemplo", destaca a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei para quen "un dos obxectivos da xestión cultural foi a dinamización, a profesionalización e xerar postos de traballo no sector cultura, de cara unha maior dinamización e a unha xestión con boas prácticas de maneira especial no ámbito municipal". Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias