El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

FÚTBOL SALA

O Burela Pescados Rubén conquista a Copa Galicia

09-01-2021 21:20:19

NARÓN | Un sábado histórico para o Burela Pescados Rubén. Se pola mañá foi o equipo feminino o que alcanzou a gloria tras conquistar a Supercopa de España tras derrotar ao Poio Pescamar e asinar así un triplete histórico (Liga, Copa da Raíña e Supercopa), pola tarde foi o equipo masculino o que puxo o broche de ouros coa consecución da XXIX Copa Galicia masculina, a segunda da súa historia, tras superar ao Noia Portus Apostoli da Segunda División (5-2) na gran final que tivo lugar no pavillón da Gándara, en Narón.

Os de Juanma Marrube deixaron encarrilada a final na primeira metade. O Noia Portus Apostoli quixo manterse con vida na segunda, pero non chegou a reacción malia que nunca baixou os brazos.A final comezou con sorpresa, debido a que foi o Noia Portus Apostoli o que golpeou primeiro cun tanto de Antonio Diz. Con todo, o Burela Pescados Rubén reaccionou con rapidez e empatou o encontro tan só dous minutos máis tarde, no 8, cun gol do irmán do xogador do Noia, Álex Diz.

O tanto do empate fixo dano aos de Marlon Velasco, que empezaron a verse superados polo colectivo preparado por Juanma Marrube. De feito, no minuto 13 apareceu Diego Quintela para desviar lixeiramente un lanzamento dun compañeiro para despistar ao gardarredes Álex Pérez e poñer por diante no electrónico do pavillón da Gándara ao equipo laranxa.

Se o tanto do empate mermou ao Noia, o 2-1 aínda fixo moito máis dano e os últimos sete minutos da primeira entrega foron un calvario para os visitantes. David Pazos apareceu na final para anotar o 3-1 no minuto 14, Javi Rodríguez fixo o 4-1 no segundo pau tras rematar libre de marca un servizo dende o sector esquerdo de Pitero e no último minuto da primeira metade apareceu de novo David Pazos para culminar unha extraordinaria acción combinativa dos da Mariña e anotar o 5-1. 

Tras o paso por os vestiarios, o Noia Portus Apostoli meteu unha marcha máis na procura dun gol que os devolvese canto antes a esta final da XXIX Copa Galicia masculina de fútbol sala, pero os de Juanma Marrube aguantaron sen demasiados problemas os ataques dos noieses. 

A final non perdeu ritmo en ningún momento malia a ampla diferenza no electrónico a prol dos da Mariña. Os de Marlon Velasco non baixaron os brazos en ningún momento, pero tampouco puxeron en apretos ao porteiro Edu. Os de Juanma Marrube, pola súa banda, tiveron o sexto cun zapatazo de Renato que pegou na madeira do arco defendido por Asensio, o porteiro do Noia Portus Apostoli na segunda metade. Departamento de comunicación

Burela Pescados Rubén:
Edu, Iago Míguez, Matamoros, Renato, Giasson -cinco inicial. Tamén xogaron: Nito, Lucho, Pitero, Javi Rodríguez, Quelle, David Pazos, Álex Diz, Diego Quintela e Kaluza. 

Noia Portus Apostoli: Álex Pérez, Luisma, Pope, Rangel, Naranjo -cinco inicial. Tamén xogaron: Raggiati, Palmas, Lluc, Antonio Diz, Javaloy, Pirata, Rivera, Armando e Asensio. 

Árbitros: Martínez Torres e Darriba Villamor. Cartón amarelo a Diego Quintela.

Goles: 0-1, Antonio Diz: min. 6. 1-1, Álex Diz: min. 8. 2-1, Diego Quintela: min. 13. 3-1, David Pazos: min. 14. 4-1, Javi Rodríguez: min. 17. 5-1, David Pazos: min. 19. 5-2, min. 36: Rangel. 

Incidencias: Final da XXIX da Copa Galicia masculina de fútbol sala disputada no pavillón da Gándara. 200 espectadores.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias