SANTIAGO DE COMPOSTELA | O luns 12, ás 20:00 horas, o Ateneo
de Santiago ofrece unha conferencia titulada «Matemáticas, Linguas e outros
asuntos» que estará impartida por Victoria Otero, Catedrática de Matemáticas da
USC.
Na actualidade estanse a empregar modelos
matemáticos para estudar a evolución das distintas linguas. Estes modelos, de
carácter poboacional, permiten coñecer se os falantes de determinado idioma
están aumentando ou se, pola contra, a supervivencia de dita lingua se atopa en
perigo. Así pois, a conferenciante dará
conta dalgunhas destas investigacións.
Victoria Otero Espinar é
licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, tendo
realizado a súa tese doutoral baixo a dirección dos doutores Charles Tresser
(Universidade de Nice e Centro de Investigación IBM en New York) e Fernando
Costal (USC) en 1992, sobre os Sistemas Dinámicos discretos. Entre 2009 e 2017
ocupou o cargo de Decana da Facultade de Matemáticas da USC e é membro do
Consello de Goberno e do Consello Científico do Instituto de Matemáticas da
USC, así como de sociedades profesionais e outras asociacións científicas. Ler máis