El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Sete anos de mandato

21-07-2022 18:59:21
A Túa Deputación.

PONTEVEDRA | O goberno da Deputación de Pontevedra realizará este venres o tradicional acto de dación de contas co que cada ano se presenta ante a sociedade da provincia para dar  coñecemento do uso dos recursos públicos na institución provincial. A explanada de Montero Ríos, fronte á escalinata central do Pazo, será o escenario do evento, que comezará ás 12.30 horas, ao que asistirán alcaldes e alcaldesas da provincia amais de representacións institucionais, e asociacións e entidades do tecido económico, social, cultural, informativo, turístico ou deportivo de todo o territorio.  

Co lema de “A provincia que queres. A túa Deputación”, se fará repaso aos sete anos de goberno de progreso na institución, que se compren neste mes de xullo, e á transformación da provincia protagonizada pola alianza cos municipios e os eixos da cohesión territorial, a sostibilidade, a transición dixital e a innovación, o reto demográfico, a política para as persoas, os servizos e dereitos, a democratización da cultura no territorio e a igualdade. 

O acto, que contará coa proxección de audiovisuais, será retransmitido en streaming ao través da web da Deputación, de YouTube e das redes sociais institucionais, amais de dispoñer tamén do servizo de interpretación de lingua de signos como é habitual en todos os eventos da Deputación de Pontevedra. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias