El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O proxecto "Benquerer" da Fundación Meniños chegará a centros educativos de dez concellos da provincia

04-08-2022 12:46:04
A Deputación apoia á Fundanción Meniños.

A CORUÑA | A deputada provincial de Igualdade, María Muíño, reuniuse con Mónica Permuy, presidenta da Fundación Meniños, e con Diana Rodríguez, profesional de esa entidade, para falar do proxecto  ‘Benquerer’, un programa da fundación que conta co apoio económico da Deputación e que o curso que vén achegará educación afectivo sexual ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios galegos? —dez deles, da Coruña— por medio de actividades e material audiovisual que responda aos intereses e demandas propios desta idade. A participación dos centros será totalmente gratuíta.   

Profundando nas súas inquedanzas e tamén nos cambios tanto físicos como psicolóxicos, cognitivos e relacionais que acontecen nesta etapa do alumnado, no virtual “Colexio do Benquerer” os nenos e nenas achegaranse aos diferentes contidos dende unha óptica de bo trato, respecto, confianza e pensamento crítico, tendo de marco de referencia a educación emocional e a coeducación.  

Nas 20 actividades do proxecto, estruturadas en 5 áreas, proponse unha abordaxe integral para chegar a este fin, estruturada en cinco áreas, cada unha das cales conta con catro actividades: coñecemento e aceptación persoal; diversidade; comunicación e educación emocional; prevención do abuso sexual infantil; e análise social. Os nenos e nenas participantes terán acceso ás mesmas por medio dunha imaxe interactiva, que lles permitirá coñecer ao profesorado do Benquerer e introducirse en cada unha das materias.  

A Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada na protección da infancia e da adolescencia, cun traballo orientado a garantir o seu dereito a vivir en familia. Desde 1996 traballa a favor dos dereitos dos nenos e nenas en situación de dificultade social por medio de programas especializados de prevención e intervención familiar en colaboración coas Administración Públicas, e outras entidades e organizacións. Como parte da súa acción, dende 2008 trabállase de forma específica cos centros escolares por medio da área de Proxectos educativos e preventivos, promovendo valores, actitudes e condutas acordes co bo trato na infancia, e implicando ás familias na adquisición de competencias e habilidades para o exercicio positivo da parentalidade.  Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias