El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | IMV

O ingreso mínimo vital só chega a catro de cada dez fogares galegos

23-11-2022 10:39:35

REDACCIÓN | Os últimos datos coñecidos sobre a implantación en Galicia do ingreso mínimo vital (IMV), publicados este mes, permiten concluír que esta prestación é positiva, pero «aínda insuficiente» para dar resposta ás persoas en risco de pobreza na comunidade autónoma, que son o 20,2 % da poboación, sinala CCOO. Ademais, o IMV só chega a catro de cada dez fogares potencialmente beneficiarios, apunta a secretaria de Emprego e Política Social do sindicato, Maica Bouza.  

Segundo un informe elaborado por CCOO, en novembro aboáronse 20 183 prestacións que beneficiaron a 51 543 persoas, o que permite concluír que en cada fogar perceptor viven, de media, 2,55 persoas. A contía media por fogar foi de 502,85 euros e, por persoa, de 196,91 euros. 

Bouza sinala que un recente relatorio da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal pon de manifesto que o IMV «só despregou unha parte do seu potencial», polo que «aínda lle queda percorrido para se converter nun instrumento máis potente na loita contra a pobreza», apunta a sindicalista. De feito, en Galicia só chega a un 39 % dos potenciais fogares beneficiarios e podería absorber o 78 % das actuais prestacións da Risga, o que «liberaría recursos» para atender tanto os colectivos que quedan fóra da cobertura do IMV como outras necesidades sociais.  

A enquisa de condicións de vida do INE de 2021, publicada en xuño deste ano, sitúa a poboación galega en risco de pobreza no 20,2 % do total, ou sexa, 545 767 persoas. Neste «grave contexto», a secretaria de Política Social de CCOO coida que as redes de protección social «deben desempeñar un papel determinante» e esixe que a Risga cubra as necesidades das persoas ás que non chega o ingreso mínimo.  

O informe de CCOO sinala que unhas 30 000 persoas perciben rendas de integración —sumando as perceptoras do IMV e da Risga—, das que se benefician unhas 75 000 persoas. Isto quere dicir que só 14 de cada 100 persoas en risco de pobreza teñen unha prestación.Para corrixir a situación, o sindicato esixe máis flexibilidade nos requisitos, menos burocracia e máis orzamento. «Estes son pasos imprescindibles se queremos reducir a pobreza e a exclusión social en Galicia», conclúe Bouza.


Perfil da persoa perceptora 

O perfil da persoa titular dunha prestación do IMV en Galicia é o dunha muller (representan sete de cada dez perceptoras da prestación), de 45 anos de media, que convive con outra persoa, sen menores a cargo e de nacionalidade española. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias