REDACCIÓN | O Concello de Sober anuncia que o cómico Xosé Antonio Touriñán será o encargado de ofrecer o pregón da XLIII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril. O pregón será o día 2 de abril, Domingo de Ramos, ás 13:00 horas na Praza do Concello.
Xosé Antonio Touriñán é humorista, actor e presentador. Coñecido polo dúo que formaban Nucha e Mucha e pola súa participación no programa Land Rober da TVG, entre outros moitos papeis, é un dos personaxes televisivos e do teatro do momento. O Concello de Sober elixe este ano a un humorista con recoñecida traxectoria, que xa estivo nunha Feira do Viño cun espectáculo a cargo do dúo formado por Nucha e Mucha, as Cantareiras de Ardebullo, que fora enormemente aplaudido polo público.
Agora terán a oportunidade de velo de novo, pero esta vez como pregoeiro da XLIII Feira do Viño de Amandi. Departamento de comunicación