El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

FESTIVAL A REVOLTA

Ortiga, Monoulious Dop, Dani, e Eladio y los seres queridos, entre os grupos confirmados polo festival A Revolta do Umia

16-03-2023 15:14:19
Cartel A Revolta do Umia.

REDACCIÓN | O festival A Revolta do Umia ven de anunciar oficialmente o cartel provisional da súa VI edición. Na nómina de bandas confirmadas inclúense a Ortiga, Monoulious Dop, Loita Amada, Eladio y los seres queridos, Mundo prestigio, Fillas de Casandra, Solar Corona, Aphonnic, Igloo, Dani, Gator the Alligator, Dharmacide, Copa turbo, Duendeneta e Xaby dj.  

Entre as bandas que formarán parte da cita musical haberá representación local coas bandas Pants Off, da Estrada, e Bellvitge, que conta con membros da localidade cuntiense.Unha vez máis o festival aposta pola pluralidade e a diversidade de estilos, que van desde o rock, o punk-rock ou o shoegaze, ata a cumbia, a electrónica ou o metal alternativo.  

Entre as múltiples novidades e sorpresas que prepara a organización, a sesión vermú deste ano contará co concerto de dúas bandas, e a continuación sesión dj de Duendeneta.Adicionalmente, este ano, como novidade, a organización decidiu apostar por recuperar o formato físico de entradas, que estarán dispoñibles en varios locais da comunidade. 

Os abonos poden adquirirse na web oficial do festival. Cervezas Alhambra patrocina este evento en liña co seu compromiso por apoiar todas aquelas iniciativas que invitan a descubrir as súas cervexas, coa mellor banda sonora de fondo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias