El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

578 millóns de investimento e 3.276 obras na provincia sitúan ao Plan Único da Deputación como o maior plan de cooperación municipal de Galicia

17-03-2023 16:37:32
Valentín González Formoso.

A CORUÑA | A Deputación da Coruña leva investido máis de 578 millóns de  euros nos concellos e financiou un total de 3.276 obras nos concellos da provincia a través do Plan Único desde a súa creación no ano 2017. Os datos foron dados a coñecer esta mañá nunha rolda de prensa na que o presidente Valentín González Formoso e o vicepresidente Xosé Regueira fixeron balance do conseguido estes anos co POS+. 

“O Plan Único da Deputación da Coruña é o maior plan de cooperación municipal de Galicia e un dos máis importantes de España”, afirmou Formoso que destacou que neste tempo consolidouse como unha ferramenta indispensable para financiar obras e servizos públicos co obxectivo de mellorar a vida da cidadanía. 

Formoso explicou que o Plan Único investiu máis de 578 millóns de euros nos 93 concellos coruñeses, unha cifra histórica, a través dun sistema de reparto de fondos xusto e transparente, que ademais outorga aos concellos a capacidade de decidir en qué investir os fondos que se lles achegan. “Devolvemos aos concellos a liberdade de decidir”, afirmou o presidente, que destacou tamén que o POS+ supón “unha maior eficiencia no funcionamento e un investimento moito maior”. 

“Cando chegamos ao goberno, o investimento do Plan de Obras e Servizos da Deputación era de 25 millóns ao ano, agora co Plan Único está entre 85 e 100 millóns de euros anuais, isto supón que os concellos reciben ata catro veces máis fondos da Deputación para financiar as súas obras e servizos”, explicou Formoso, que detallou exemplos como Laracha, que pasou de recibir 563.975 euros aos 1,5 millóns actuais;  Narón que pasou de 900.000 euros anuais co POS anterior aos 2,2 millóns do Plan Único ou Arteixo que pasou de 880.000 euros a preto de 2 millóns anuais co POS+. 

Formoso incidiu tamén na importancia que ten o Plan para a creación de emprego. Lembrou que “por cada millón de euros de investimento en obra pública créanse 18 postos de traballos directos” polo que só co Plan Único , a Deputación axudou a manter ou crear máis de 6.000 de empregos nos últimos anos sector da construción . “Engadan a iso os 3.000 empregos que creamos co PEL, os máis de 50 millóns investidos en obras da rede de estradas, o investimento na área cultural ou social”, afirmou o presidente. 

O presidente destacou tamén a contribución do Plan ao saneamento das economías municipais “especialmente durante os primeiros catro anos”, e a axuda que supón para que as administracións locais poidan soster servizos públicos básicos como a iluminación pública, a recollida de lixo ou a limpeza viaria ou servizos sociais. “o Fondo Social do Plan Único naceu coas necesidades da pandemia e nestes tres anos permitiu financiar con 28 millóns de euros políticas sociais nos concellos que benefician ás persoas máis vulnerables, axudan á conciliación ou apoian ás familias que máis o necesitan”, remarcou Formoso.


O Plan ünico 2023 alcanzará os 90 millóns 

O vicepresidente, Xosé Regueira, foi o encargado de anunciar que no pleno do mes de marzo se incorporarán 42 millóns de euros máis ao Plan Único 2023, "o que o sitúa no horizonte dos 90 millóns, deixando para a corporación vindeira  moitas facilidades para xestionar unha cantidade importante de recursos" asegurou.  

Xosé Regueira lembrou que "estamos falando dun instrumento de planificación rápido, eficaz, claro e transparente" e que "practicamente toda a obra pública municipal da provincia ten detrás á Deputación a través do Plan Único". O vicepresidente tamén aproveitou este balance para facer fincapé en que "falamos de máis de 3.000 contratos, o que significa moitísmos postos de traballo que grazas á Deputación se manteñen nas pequenas e medianas empresas, porque podemos dicir case con seguridade que o 99% das obras están sendo executadas por empresas da provincia". 

Por último, Xosé Regueira cualificou o Plan Único como "un dos instrumentos de achegas económicas máis potentes non só de Galiza senón do Estado, e a min gustaríame recordar un dato que non é menor que é que a Xunta, con máis de 11.400 millóns de orzamento, a través do Plan de Contratación achégalle aos concellos pouco máis de 130 millóns de euros, mentres que desde a Deputación da Coruña, con  200 millóns escasos de orzamento, achegámoslle aos concellos ao redor de 100 millóns de euros, e eu creo que é para estar orgullosos".


Máis de 34 millóns destinados a inversións en obras  

Desde a creación do Plan Único, a Deputación destinou 345.897.327 euros a financiar obras , un total de 3.276 actuacións repartidas nos 93 concellos. Construción de parques infantís, obras de humanización de rúas e espazos públicos, melloras de centros educativos e deportivos muncipais, creación de xardíns e zonas verdes, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou novos sistemas de alumeado público son algunhas das obras financiadas a día de hoxe polo POS en todo o territorio provincial.  

O POS+ representa un novo modelo de cooperación cos concellos máis transparente, máis xusta e cercana ás necesidades da cidadanía, que permite á Deputación chegar a cada recuncho da provincia e mellorar a calidade de vida das persoas.


Páxina web

A Deputación da Coruña pon á disposición da cidadanía toda a información sobre o Plan Único cunha nova páxina web que xa está en funcionamento.Esta conta cun mapa interactivo para consultar os investimentos realizados en cada un dos 93 municipios da pronvincia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias