REDACCIÓN | A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe en Vigo na presentación do Certame de relatos “Vigo Histórico”, que organiza a Editorial Elvira e que este ano chega á súa undécima edición “poñendo en valor a creatividade que emana de todos e cada un dos recunchos desta cidade de Vigo”. Sánchez felicitou á editorial viguesa pola iniciativa e por mantela ao longo dos anos “con tanto esforzo e tesón”, conseguindo chegar a cada vez máis escritores e “traspasando fronteiras”. Tamén convidou a presentar propostas a este certame que abre o prazo mañá e ata o 30 de xuño.
A vicepresidenta provincial aproveitou, ademais, a ocasión para amosar o compromiso da Deputación coa cultura destacando que “debemos impulsar e promover as letras, os autores, os novos creadores e as súas múltiples manifestacións e entidades. Queremos que a cultura, como dicía Oroza, estea ao alcance de todo o mundo”. Departamento de comunicación