El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación incorpora preto de tres millóns ao Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento

25-04-2024 17:29:41
Consorcio Provincial de Pontevedra.

REDACCIÓN | A Deputación de Pontevedra incorpora preto de tres millóns de euros ao orzamento do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento. Foi un dos asuntos que se aprobaron o pasado martes no Pleno do Consorcio, integrado pola institución provincial e a Xunta, e ao que asistiron o presidente da Deputación, Luis López (que presidiu a sesión) e mais os deputados provinciais Javier Tourís e Alejandro Lorenzo. Os recursos proceden de remanentes do orzamento provincial de 2023 e neles destacan os máis de 2 millóns de euros dedicados á adquisición de vehículos.  

No Pleno do Consorcio aprobouse, por unha banda, un suplemento de crédito de 279.000 euros que serán empregados para a adquisición de nova maquinaria, vestiario para o persoal dos parques ou material funxible para as intervencións. Tamén permitirán investir no encargo de estudos e traballos técnicos co obxectivo de mellorar o servizo e os seus protocolos de actuación. Con esta medida, o goberno da Deputación quere implicarse especialmente na dotación de medios e importantes melloras para o Consorcio. Ademais, tamén se aprobou un crédito extraordinario dotado de 2,5 millóns de euros para a adquisición de novos vehículos, a redacción de proxectos técnicos para investir na reposición dos edificios e outros investimentos asociados ao funcionamento operativo deste servizo. 

Deste xeito, o Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento pasa a contar cun orzamento de 7 millóns de euros para o exercicio 2024, cuxas maiores partidas se corresponden cos gastos de persoal (preto de 3,2 millóns de euros), investimentos (2,8 millóns de euros) e gastos en bens correntes e servizos (preto dun millón de euros). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias