El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación impulsa EQUIGAL cunha achega de 40.000 euros para converter Lugo na capital do cabalo

29-04-2024 16:01:06
Presentación da XVII edición de EQUIGAL.

REDACCIÓN | A XVII edición de EQUIGAL, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia, converterá Lugo na capital do cabalo co apoio da Deputación de Lugo, que achega 40.000€ para a celebración desta cita, sendo un ano máis a principal patrocinadora deste evento. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, xunto ao xerente do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, presentaron este xoves nos xardíns do Pazo de San Marcos este evento que comezará pasado mañá, prolongarase ata o vindeiro 12 de maio e poderá desfrutarse de xeito gratuíto.  

“EQUIGAL é unha maneira de xerar valor engadido”, sinalou o Deputado, quen lembrou que esta cita, que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, naceu da man da institución provincial, e “contribúe tamén a poñer en valor o noso sector primario, un motor económico fundamental da provincia”.  

Fixo fincapé en que o cabalo é hípica, deporte de competición e lecer, “moi atractivo para o público, aínda que as veces pode estar condicionado por unha serie de limitacións”, pero apuntou a necesidade de achegalo aos máis pequenos polos valores que transmite de convivencia, disciplina e respecto. Nese sentido, puxo en valor os bautismos ecuestres, que posibilitan unha primeira toma de contacto co mundo dos cabalos e felicitou á organización pola iniciativa, que este ano permitirá a 300 nenos e nenas da provincia ter un primeiro achegamento con estes animais.  

Pola súa banda, o xerente do Pazo de Feiras e Congresos e organizador do Salón  agradeceu o importante apoio da Deputación, xa que, “sen a súa contribución, este certame sería completamente imposible". Unha cita, explicou, na que participarán este ano máis de 200 cabalos, “cun crecemento importantísimo nos últimos anos” con todo o que implica tanto a nivel turístico para a cidade como para os gandeiros da provincia. 


Concursos, exhibición e bautismos ecuestres 

A décimo séptima edición de EQUIGAL Salón Internacional do Cabalo de Galicia abrirá as súas portas co festivo do 1 de maio, coa celebración do Open Equigal Concurso Morfolóxico de Cabalo de Pura Raza Española. Entre o venres e o domingo, 3 e 5 de maio, celebrarase o Concurso Nacional de Salto de Obstáculos; do luns 6 ao venres 10 de maio haberá bautismos ecuestres; entre os días 11 e 12 terá lugar un concurso internacional morfolóxico de cabalos e eguas de pura Raza Árabe; e tamén o día 12 o concurso morfolóxico de cabalo Pura Raza Galega. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias