El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Deputación e Xunta promoven a formación e práctica deportiva coa primeira edición de Funtastik

01-10-2024 16:57:01
Presentado Funtastik.

REDACCIÓN | A Deputación de Ourense e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia presentan a primeira edición de “Funtastik. No limits”, un evento que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades.  

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, presentou hoxe en Expourense, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; ao director xerente de Expourense, Rogelio Martínez; ao xerente de Mantesil, Berto Fernándz; e ao director territorial en Ourense da Consellería de Educación, Jorge Rubén Sampedro, os detalles desta iniciativa de formación e práctica deportiva, que se enmarca dentro do compromiso das institucións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. 

César Fernández dixo que as institucións deben “potenciar espazos de lecer e educativos para o desfrute de todas as familias” como esta iniciativa, na que xa están inscritos máis de 20 colexios, que será “un éxito e consolidarase no calendario provincial”.  

Funtastik celebrarase no recinto feiral de Expourense, do 4 ao 13 de outubro, ofrecendo espazos e experiencias diferenciadas adaptadas a todos os públicos, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As entradas poden adquirirse por un prezo de 9 euros a través de ataquilla.com ou fisicamente en Expourense pola semana.  

Precisamente, Funtastik contará cun espazo temático dos “Pitufos” para educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible mentes desfrutan con xogos interactivos, un espazo de “Lego” onde os rapaces e rapazas poderán desenrolar a súa creatividade, así como múltiples experiencias como un circuíto de inchables xigantes, pistas de xeo ecolóxico, circuítos de obstáculos, entre outras actividades que estarán supervisadas por monitores. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias