El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Ciclo Mestre Mateo volve á provincia da Coruña e inicia este venres a súa cuarta edición

07-05-2025 17:26:36
Presentado o Ciclo Mestre Mateo.

REDACCIÓN | O Ciclo Mestre Mateo arranca a súa cuarta edición na provincia da Coruña grazas ao apoio da Deputación de Coruña. Hoxe en rolda de prensa, a feputada de cultura, Natividade González, e a vogal da Academia Galega do Audiovisual, Alba Gallego, presentaron as novidades da mostra, que proxectará algunhas das obras finalistas e premiadas nos Mestre Mateo en diferentes concellos da provincia. A  primeira delas terá lugar este venres en Betanzos. 

Ademais de Betanzos, os concellos de Boiro, Cedeira, Cerceda, Valdoviño e Vimianzo proxectarán as producións finalistas nas categorías de longametraxe e documental dos XXIII Premios Mestre Mateo: As Neves, de Sonia Méndez; Xustiza artificial, de Simón Casal; Honeymoon, de Enrique Otero; + Cuñados, de Luis Avilés; e os documentais Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño; Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca; Aurora, de Area Erina e Prefiro condenarme de Margarita Ledo. 

A deputada, Natividade González, apuntou que "o cinema segue a ser protagonista na provincia da Coruña" e para a administración "é importante seguir apostando para que este tipo de proxectos se leven a cabo. O ciclo chega a lugares onde non existen grandes pantallas, polo que esta iniciativa é un exemplo máis do noso compromiso cunha cultura accesible para todos os veciños e veciñas da provincia". 

Pola súa parte, Alba Gallego destacou "a importancia de que o cinema galego chegue a todos os recunchos do país, especialmente a aquelas localidades que non contan cunha programación audiovisual estable". Engadiu que "o Ciclo Mestre Mateo é unha ferramenta fundamental para fortalecer o vínculo da cidadanía co noso audiovisual, poñendo en valor o talento, a diversidade e a capacidade de contar historias propias que temos en Galicia".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias