El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

BNG | EURODEPUTADA

Ana Miranda: "Levo a Porto Alegre a voz antifascista e antiimperialista do BNG e contra o avance da extrema dereita"

26-03-2026 11:05:27
Ana Miranda, eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participará desde hoxe na primeira Conferencia Internacional Antifascista e Antiimperialista, que até o vindeiro día 29 se celebra en Porto Alegre (Brasil). Desde o lanzamento da súa convocatoria, este foro conta xa cun amplo apoio internacional e nel daranse cita varios miles de persoas procedentes de máis de 70 países de todo o mundo.  

Así, esta tarde a eurodeputada galega tomará a palabra na mesa redonda “Papel e límites da acción institucional na loita democrática”, na que tamén intervirá o eurodeputado portugués Joao Oliveira, entre outros representantes de distintas forzas políticas. “Levo a Porto Alegre a voz antifascista e antiimperialista do BNG”, manifesta a eurodeputada galega, quen considera que alzar a voz contra as agresións imperialistas, contra os xenocidios e os intentos de que retrocedan os dereitos humanos “é unha obriga”.  

Unha gran manifestación nas rúas da Capital do Estado de Rio Grande do Sul dará o inicio ás xornadas de traballo, que durante tres días están previstas once conferencias plenarias temáticas e 150 actividades autoxestionadas. Os debates centraranse no fortalecemento dos movementos sociais, ecofeministas e sindicais, así como na solidariedade internacional, na loita contra o fascismo e o negacionismo climáticto, pero tamén nas posibilidades e os límites da acción institucional. 

“Nestes tempos que corren de graves ameazas, temos que facer unha gran fronte contra o avance da extrema dereita, o neofascismo e as agresións imperialistas”, salienta Ana Miranda. 


Traxectoria antifascista 

Como exemplo da longa traxectoria antifascista de Ana Miranda pódese salientar que en outubro de 2028 foi co-relatora da resolución do Parlamento Europeo sobre o auxe do neofascismo en Europa, que foi aprobada por ampla maioría e que xa daquela instaba aos Estados, entre outras cousas, a “loitar contra as organizacións que propaguen discursos de odio e violencia en espazos públicos e en liña e a prohibir efectivamente os grupos neofascistas e neonazis e calquera outra fundación ou asociación que exalte e glorifique o nazismo e o fascismo”. 

Igualmente, a eurodeputada do BNG desenvolve un intenso traballo no Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo, poñendo un especial énfase na devolución do pazo de Meirás, así como na coorganización da conferencia “Franquismo sen Franco: legado autoritario, impunidade e esquecemento”, con motivo do 50º aniversario da morte do ditador Francisco Franco.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias