El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Bayardo Quinto Núñez
Ernesto González Valdés
Zayda Quinto Calderón
Más noticias

A CORUÑA

O Concello destina tres millóns a melloras no servizo de extinción de incendios e á execución dos Orzamentos Participativos

02-11-2026 11:45:00
Xunta de Goberno.

REDACCIÓN | O Concello da Coruña aprobou hoxe en Xunta de Goberno os trámites financeiros precisos para poñer en marcha distintos investimentos na cidade. A alcaldesa, Inés Rey, explicou que os distintos modificativos aprobados permitirán actuar no Parque de Bombeiros e poñer en marcha tamén os 32 proxectos seleccionados nos Orzamentos Participativos deste ano. 

“Destinamos 427.963 euros ás obras de ampliación do edificio administrativo do Parque de Bombeiros. A dita cantidade obtense a través da Ordenanza de contribucións especiais, recentemente aprobada, a través das cotas que achegan as distintas compañías aseguradoras que operan na cidade”, indicou Rey. Os fondos que agora se incorporan súmanse ao millón de euros xa previsto para distintos investimentos en medios materiais para o parque. 

Ademais, explicou a alcaldesa, hoxe tamén se puxo en marcha o mecanismo de financiamento dos Orzamentos Participativos, que contarán con 2.450.730 euros de investimento municipal en 32 proxectos. Os fondos para os ditos orzamentos figuraban xa orzados e recollidos nunha partida xenérica. Agora, ao aprobarse os 32 investimentos, asígnanselle os fondos a cada área responsable de cada un dos proxectos para poder comezar co proceso da súa licitación. Proxectos seleccionados e orzamento 


Distrito 1: Cidade Vella – Pescaría 

1.- Creación de aseos públicos accesibles na planta 0 do Mercado de San Agustín:70.000 euros. 

2.- Creación dun cuarto refrixerado para residuos no Mercado de San Agustín: 60.000 euros. 

3.- Instalación de consignas intelixentes no Mercado de San Agustín: 50.000 euros. 


Distrito 2: Monte Alto 

1.- Plantación de arborado no paseo marítimo dos Pelamios: 60.000 euros. 

2.- Ampliación e humanización da praza de San Xosé: 130.000 euros. 


Distrito 3: Ensanche – Catro Camiños 

1.- Acondicionamento dos xardíns da praza da Fábrica de Tabacos: 80.000 euros. 

2.- Creación dunha área infantil entre Castiñeiras, Cabana e Juan Flórez: 129.577 euros. 


Distrito 4: Os Mallos – Sagrada Familia 

1.- Reurbanización e humanización da praza da rúa Puerto Rico: 224.800 euros. 

2.- Renovación das áreas de descanso da explanada do Palacio da Ópera: 6.000 euros. 


Distrito 5: Riazor – Labañou – Os Rosales 

1.- Creación dunha zona de xogo infantil no parque Adolfo Suárez: 50.000 euros. 

2.- Plantación de arborado en dúas zonas verdes dos Rosales: 30.000 euros. 

3.- Mellora da iluminación e mobiliario no acceso ao Ágora: 25.000 euros. 

4.- Renaturalización no Paseo de Rolda: 56.000 euros. 

5.- Renovación do parque infantil de San Roque: 100.000 euros. 


Distrito 6: Agra do Orzán 

1.- Execución dunha rampla de acceso á rúa Mosteiro de Monfero: 7.000 euros. 

2.- Humanización dun tramo da avenida das Conchiñas: 206.353 euros. 


Distrito 7: Os Castros – Elviña 

1.- Creación de hortas urbanas no polígono de Someso: 120.000 euros. 

2.- Creación dunha área canina no polígono de Someso: 160.000 euros. 


Distrito 8: Eirís – As Xubias 

1.- Mellora da iluminación e sinalización da senda para correr (runner) de Xuxán: 50.000 euros. 

2.- Acondicionamento da fonte do Laranxeiro e da súa contorna: 50.000 euros. 


Distrito 9: Mesoiro – Castro de Elviña 

1.- Renovación e modernización do parque infantil de Novo Mesoiro: 105.000 euros. 

2.- Instalación da iluminación no parque xuvenil de Ribeira Sacra: 35.000 euros. 

3.- Creación dun parque biosaudable na urbanización Breogán: 60.000 euros. 


Distrito 10: Agrela – Bens 

1.- Creación dun itinerario accesible ata a parroquia do Pilar no Ventorrillo: 50.000 euros. 

2.- Melloras nas conexións entre O Ventorrillo e o futuro parque de Visma: 30.000 euros. 

3.- Creación dun observatorio ornitolóxico no litoral de Bens: 55.000 euros.Toda a cidadeInstalación e reposición de fontes públicas na cidade: 110.000 euros. 

4.- Creación de refuxios de biodiversidade urbana: 100.000 euros. 

5.- Sinalización dunha rede de circuítos deportivos urbanos: 25.000 euros. 

6.- Ampliación da rede de fontes lúdicas da cidade: 220.000 euros. 

7.- Instalación de cofres con aros salvavidas no paseo marítimo: 52.000 euros. 

8.- Instalación de pantallas nos locais TEU: 6.500 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias