REDACCIÓN | "Galicia mantén unhas perspectivas de crecemento económico positivas, aínda que cunha moderación prevista para 2027. A comunidade autónoma calcula que a súa economía avanzará un 1,9% o próximo ano, fronte ao 2,3% que estima para o peche de 2026". Así o explicou hoxe o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, nunha entrevista en Matinal Líder (Radio Líder), onde analizou o contexto económico no que se preparan os orzamentos da comunidade autónoma para 2027.
Durante a conversación co xornalista Antonio Lodeiro, Corgos defendeu que "Galicia mantén unha evolución económica favorable" e lembrou que, "desde a pandemia, a comunidade conseguiu situarse por encima do crecemento medio de España".
"Galicia acumula -dixo o conselleiro- sete anos de crecemento estable e xeración de empreg", unha evolución que atribuíu ao modelo económico propio da comunidade. "Galicia prevé crecer un 1,9% en 2027", lembra Corogos.
Miguel Corgos, ademais, explicou que o "Instituto Galego de Estatística estima que Galicia crecerá un 2,3% durante 2026. Para 2027, a previsión incorporada ás contas autonómicas sitúase no 1,9%". Ler máis