El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Bayardo Quinto Núñez
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación e o Clúster do Audiovisual Galego impulsan un programa de formación con 335 prazas na Coruña

10-11-2026 11:26:13
Spot CEI.

REDACCIÓN | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Clúster do Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, asinaron un convenio para impulsar a formación especializada dos profesionais do audiovisual galego. Ao acto asistiu tamén a deputada de Industria e Emprego, Rosa Ana García.  

O acordo prevé 335 prazas para aprender a rodar nun plató virtual e afondar en oficios como a montaxe, o guión de series ou a coordinación da posprodución. A Deputación achega 139.154 euros dos 173.942,50 euros de orzamento total. 

O programa permitirá que os equipos das produtoras galegas se formen no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), o plató virtual que a Deputación puxo en marcha na Cidade das TIC. Coa colaboración do Clúster, a institución provincial busca que os profesionais que escriben, planifican e rodan as producións coñezan de primeira man as posibilidades desta tecnoloxía e poidan incorporala aos seus proxectos.  


Catro cursos para traballar nun plató virtual 

A primeira actividade está prevista para os días 10 e 11 de decembro. Será un curso de introdución á produción virtual dirixido a profesionais do guión, da dirección, da produción e da localización de escenarios. Ao longo de dúas xornadas, analizarán casos reais con especialistas internacionais para coñecer que escenas se poden resolver nun plató virtual e que decisións cómpre tomar antes da rodaxe. 

En febreiro de 2027 está previsto un curso práctico para os equipos de fotografía e iluminación, e en abril será a quenda dos de dirección de arte. Este primeiro bloque, con 45 prazas en total, completarase en xuño cun curso de fotogrametría e Gaussian Splatting, dúas técnicas que permiten recrear espazos reais en tres dimensións a partir de fotografías. 


Un campus de verán dedicado aos oficios do audiovisual 

En xullo, o programa continuará cun campus de verán que ofrecerá 110 prazas repartidas en cinco cursos de especialización. A oferta abrangue as finanzas e o control de custos dunha produción, a montaxe, a escritura de guións para series de ficción, a axudantía de cámara e a coordinación da posprodución. 

O campus incluirá tamén tres clases maxistrais sobre produción, guión e imaxe, previstas para os venres 9, 16 e 23 de xullo. Cada sesión contará con 60 prazas e rematará cun encontro no que profesionais e estudantes do audiovisual galego poderán intercambiar experiencias e establecer contactos para futuros proxectos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias