REDACCIÓN | O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, achegouse hoxe a un dos comercios afectados polos piquetes que se viviron o pasado 11N coa convocatoria da folga xeral. Concretamente, foi a unha panadaría de Santiago de Compostela na que as afectadas, Marisa e Isabel, lle relataron o acontecido o pasado mércores.
O líder dos populares galegos, que amosou o seu apoio aos responsables deste comercio e a todos aqueles que sufriron a violencia dos participantes na folga, reivindicou que é “tan importante o dereito a folga como o dereito a traballar”. Condenou estes altercados e lamentando que “haxa partidos que apoien a aqueles que participan na folga e non respectan aos que deciden voluntariamente non participar”.