El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Ernesto González Valdés
José Manuel López García

Os veciños de Merexo atopan restos dunha fortificación de 1801 nunha zona afectada polo Plano Acuícola

15-02-2008

Os veciños de Merexo, en Muxía (A Coruña), atoparon restos dunha fortificación de 1801 nunha zona afectada polo Plano Acuícola. Os membros da Plataforma "Merexo non se vende" iniciaron as tarefas de limpeza de maleza a uns 200 metros da actual piscifactoría de Stolt Sea Farm, nunha zona na que se planea a ampliación da planta acuícola. Ante o achádego, presentáronse de inmediato axentes do Servicio de Protección de la Naturaleza da Garda Civil (SEPRONA), que está levantando acta, segundo informou a AGN o voceiro da Plataforma, Antonio Devesa. Trátase, segundo as mesmas fontes, dunha importate fortaleza de costa utilizada para repeler os ataques dos piratas e armadas doutros países en guerra con España nos inicios do século XIX, pouco antes da Guerra da Independencia. A búsqueda comezou a raíz dunha localización sobre o plano da fortificación, levantada durante o reinado de Carlos IV, nun mapa do Arquivo do Reino de Galiza. Alí aparece reflectido como "Punta y Castillo de Merejo". O mesmo colectivo xa enviara o pasado luns un informe a Patrimonio, e prevé enviar outro a vindeira semana a Madrid. Informan ademais que non se trata dos únicos restos arqueolóxicos na zona, xa que se detectaron restos románicos e doutras fortificacións posteriores. Deste xeito, atopan un novo argumento para que se paralice o plan ao que se opoñen os veciños. Dende a Consellería de Cultura aseguran que Patrimonio fará unha comprobación 'in situ', e no caso de que se recoñezan restos arqueolóxicos, obrigarase a respectar o patrimonio, e limitarase unha área protexida de 200 metros arredor da fortaleza. Así o fixeron xa no seu día co Castro de Punta Zarpaña, situado na mesma vila, e que xa se excluíu da área de actuación do Plano Acuícola. Ademais, lembran que o informe será estudado tanto se vén por parte dun particular ou por parte da propia piscifactoría, que por lei ten que elaborar un informe arqueolóxico. As mesmas fontes engaden que, no caso de tratarse dunha fortaleza, esta será declarada Ben de Interese Cultural.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias