El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés

Galiza Nova desprega unha pancarta na Catedral para instar aos mozos a "vivir en galego"

A organización convida á mocidade a acudir á manifestación do 18 de maio

15-05-2008

"En Galiza, en galego. Temos dereito", é o lema dunha campaña que está a desenvolver Galiza Nova en diferentes puntos do país e que esta mesma mañá chegou a Santiago de Compostela. Foi ás 12.00 horas cando un grupo de mozos achegouse á catedral da capital galega para despregar unha pancarta que, con esta mensaxe, quere "reivindicar o dereito a vivir en galego", segundo a voceira da mocidade nacionalista vencellado ao BNG, Iria Aboi. O obxectivo é, pois, que os máis mozos asuman unha "atitude e compromiso" de defensa e uso do galego, dado que se trata dun "dereito lingüístico". Neste senso, Aboi lanza tamén unha mensaxe á Administración, á que insta a "garantir que se respecte" ese dereito de xeito efectivo. O acto foi, entón, unha chamada á mocidade e tamén un convite para que asistan á movilización convocada o vindeiro domingo, 18 de maio. Trátase da manifestación que encabeza A Mesa pola Normalización Lingüística e á que asistirán representantes de Galiza Nova. Mais a de hoxe e a do vindeiro domingo son unhas das diversas actividades que a organización xuvenil nacionalista está a desenvolver por toda Galicia. Mañá mesmo, se fará un acto similar ao de hoxe na Murralla de Lugo; o sábado haberá un en Pontevedra e, en días vindeiros, prevese colocar unha nova pancarta na ponte que une Tui e Portugal. Tamén, en semanas pasadas, foron repartidos por toda a comunidade ata 30.000 dípticos, chapas e pegatinas, entre outras cousas. Desenvolvéronse charlas en centros de educación secundaria -hoxe mesmo houbo unha en Cangas-, proxeccións audiovisuais de produccións galega e tamén se elaborarán murais co lema e engadindo o nome do concello. Esta fin de semana, segundo Iria Aboi, farase un en Arzúa, que rezará: 'Arzúa en galego, temos o dereito'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias