16-05-2008
Non hai problemas no Juan Canalejo?, asegurou na Coruña a conselleira de Sanidade, María José Rubio, en resposta ás críticas verquidas o xoves polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. O dirixente popular afirmara que o complexo hospitalario coruñés multiplicou por dez en tres anos a lista de espera de máis de seis meses e incrementara a 93 os 74 días de espera media que se acadaran en 2005, polo que os datos o situaban como o peor de Galicia en esperas hospitalarias, só superado polos de Lugo e Barbanza.
Rubio, a preguntas dos periodistas, explicou que o Canalejo é ?un centro complexo e os asuntos que poidan xurdir nun hospital grande son distintos aos dun máis pequeno?. A conselleira engadiu que o centro sanitario coruñés ?é un hospital con alta calidade técnica que está entre os sete primeiros de España? e afirmou que ?as listas de espera axilízanse traballando?, como se está a facer no Juan Canalejo.
Rubio fixo estas declaracións logo de intervir no acto conmemorativo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia.
Nese acto, a conselleira asegurou que o seu departamento está a traballar intensamente na construción dun novo escenario dixital reforzando as infraestruturas tecnológicas. A este respecto, destacou que Galicia conta cunha robusta Rede de Telecomunicacións de Diagnóstico e Imaxe Médica que permite a interconexión de todos os axentes que coidan da nosa saúde.
Profesionales conectados
?Estamos a falar dunha mesma canle que conecta a de 39.000 profesionais que prestan os seus servizos en 488 centros de saúde e consultorios, 93 puntos de atención continuada e nos 14 complexos hospitalarios, á que se comezaran a sumar a partires deste ano 1.275 oficinas de farmacia e os centros sanitarios concertados da comunidade autónoma?, puntualizou.
María José Rubio engadiu que por esta rede circula cada ano información asociada a 26 millóns de actos sanitarios e tamén se están a desenvolver outras actuacións como a dixitalización completa da imaxe médica, que superará os 30 millóns de imaxes dixitalizadas ao ano; e a conexión das oficinas de farmacia, ?que suporá que este ano podamos prescribir por medios electrónicos a metade dos 57,7 millóns de receitas que se expiden anualmente no Servizo Galego de Saúde?, dixo a conselleira.
Durante a xornada, os relatores convidados polo Colexio e Enxeñeiros de Telecomunicación insistiron na importancia de aproveitar os avances tecnolóxicos para posibilitar a mellora dos servizos sanitarios, como a implanción da telemedicina, a tarxeta electrónica ou a dixitalización da imaxe.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias