El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés

Méndez Romeu di que tivo que amosar unha ?insistencia vehemente? para a reforma dos estatutos da Semana Verde

27-06-2008

O conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, dixo na Coruña que para acadar o acordo de que o Padroado da Fundación Semana Verde de Silleda se reúna o vindeiro día 15 para reformar os seus estatutos, tivo que amosar una ?insistencia vehemente? ante as reticencias dos órganos rectores. ?Houbo un Padroado intenso, por decilo cortésmente -engadiu o conselleiro-, onde se puxo de manifesto que hai un plano de viabilidade aprobado, que ten unhas prescripcións que teñen que ser respectadas e que inciden en algo que xa era sabido e que constaba en distintos informes?. O titular de Presidencia referiuse, neste aspecto, á necesidade de modificar os estatutos da Fundación e adaptalos antes de finais de ano á lei galega de Fundacións, e de ?clarexar a composición do seu Padroado, de xeito que nel estean fundamentalmente representantes de institucións que poidan comprometerse no sostemento da entidade e das súas actividades?. Méndez Romeu fixo fincapé en que eses informes ?inciden en que ten que existir unha separación absoluta entre as funcións de presidente e de membro do Padroado, que son cargos honoríficos, e as funcións ejecutivas de carácter retribuido, como corresponden a directores e xerentes?. O responsable de Presidencia explicou que esa separación non se produce na Fundación Semana Verde, ?e como consecuencia disto desde hai moitos anos, estamos incurrindo en custes fiscais, porque a Fundación non pode acollerse ás exencións fiscais que lle corresponderían, e iso está ocasionando quebranto ás súas propias arcas e ás do Concello de Silleda?, que ten un litigio contra a Semana Verde de arredor dun millón de euros. ?Hai que asumir -engadiu Méndez- que a Fundación cumpriu unha etapa, que houbo uns resultados durante anos que últimamente xa non eran posibles e que procede, se queremos recuperar o bo funcionamento, situar cambios con urgencia?. Referiuse así memo á ?blindaxe estatutaria? que existía ata finais de 2007 ?e que impedía que a maioría natural da Fundación pudiera tomar decisións. Xa é sorprendete que se tivera chegado ata aí?, concluiu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias