18-07-2008
O conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, afirmou na Coruña que, dentro das súas competencias, o seu departamento prestará todo o apoio que sexa necesario para aliviar a carga de traballo que suporá o caso Fadesa para o xulgado do mercantil da Coruña que tramita o concurso de acreedores.
A preguntas dos xornalistas, Méndez Romeu declarou que ?un sumario de envergadura como o de Martinsa-Fadesa tradúcese nunhas novas necesidades ás que haberá que dar resposta?. O conselleiro expuxo que a Dirección Xeral de Xustiza xa tomou contacto con ese xulgado e xa coñece as súas necesidades, que deben ser avaliadas e decididas inicialmente polo Consello Xeral do Poder Xudicial e polo Ministerio de Xustiza.
?Na parte que lle corresponde á Xunta, haberá o apoio necesario para que ese xulgado poida funcionar?, asegurou o conselleiro. ?Lamentablemente as nosas competencias son moi cativas?, engadiu para facer un paralelismo co sumario do Prestige. ?A Xunta amosa a súa disposición para cooperar co Consello Xeral do Poder Xudicial e co Ministerio de Xustiza para que este xulgado non teña nin demoras nin atrancos e poida funcionar? con normalidade.
Por outra parte, o titular de Presidencia anunciou que o vindeiro luns se reunirá en Zaragoza co ministro de Xustiza, no seo da Conferencia Sectorial onde se formalizarán o número de unidades xudiciais que se crearán no 2009. Méndez Romeu afirmou que ?o ministerio vai poñer sobre a mesa unha proposta moi interesante para ampliar os xulgados de violencia de xénero e aí teremos a garantía e o compromiso formal de quen ten a competencia para a oferta xudicial do ano próximo?.
O conselleiro afirmou que ten a ?esperanza fundada de acadar un magnífico número de unidades xudiciais para 2009?.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias