El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés

Galicia acollerá en outubro un congreso internacional de políticas de xuventude

13-08-2008

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, presentou o I Congreso Internacional de Políticas de Xuventude, que terá como tema a tratar "Xuventude e Novas Formas de Relación" e se celebrará o 31 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Cela destacou que esta "é a primeira vez que Galicia acolle un evento de tal magnitude". A elección do tema "Xuventude e Novas Formas de Relación" débese a que "a realidade da mocidade é unha realidade cambiante", afirmou Rubén Cela. "Un rapaz de 18 anos xa ten unhas pautas de consumo e de comportamento moi diferentes de alguen 10 anos maior", polo que é precisa a análise periódica da situación da xuventude para o desenvolvemento de iniciativas políticas. Deste xeito, os obxectos da análise deste congreso serán non só as diversas propostas en política xuvenil nos países europeos, senón tamén a situación actual da mocidade galega e a relación que hoxe a xuventude desenvolve coas novas tecnoloxías da información (internet ou teléfono móbil) e o uso que os mozos fan do seu tempo de lecer, con problemáticas coma a do "botellón". No congreso participarán varios expertos en materia de xuventude de diversos países europeus. Entre eles cóntanse Cilia Willen, responsable de medios audiovisuais do proxecto Roots&Routes en Bélxica; Davide Cappechi, director da European Youth Information and Couselling Agency (Eryica); e Luis Nascimento, director do Instituo Portugués da Juventude. Rubén Cela declarou que se procura que as charlas e mesas redondas sigan un modelo participativo, na que as mozas e mozos que se acheguen podan aportar as súas opinións e propostas. Inscrición Este congreso ten como destinatarios a tódolos traballadores e interesados nesta materia, dende concelleiros da área de mocidade ate membros de asociacións xuvenís. Para a participación nesta actividade ofértanse unhas 350 prazas, das que 150 xa están cubertas. A data de inscrición finaliza o día 30 de setembro. O formulario pódese descargar no enderezo web www.xuventude.net, recollela nas principais oficinas de información xuvenil (OMIX) ou nos servizos de Xuventude das delegacións provinciais de Vicepresidencia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias