El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés

Quintana di que o BNG non quere ?condicionar, senón propoñer e dialogar? no seu encontro con Solbes

18-09-2008

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, recoñeceu que non pretende ?condicionar, senón propoñer e dialogar? co ministro de Economía Pedro Solbes, no encontro que terá a organización política en Madrid -a través de Francisco Jorquera- para falar das necesidades de Galicia. Anxo Quintana atopábase en Vigo, para inaugurar o curso escolar no colexio Apostol Santiago, no que cursou os seus primeiros anos como estudante, polo que manisfestou sentirse ?moi agradecido pola invitación?. Quintana, ante a reunión do BNG con Solbes, explicou que é necesario que o ?estado aprobe os orzamentos para Galicia? que deben incluir aspectos de ?política social, laboral e xurídica para afrontar a época de crise? ademais de que o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, ?cumpla os seus compromisos?. O BNG ten disposición ó ?diálogo, con un sentido positivo e constructivo, todo o mundo sabe o que quere o Bloque Nacionalista Galego? pero é necesario para Galicia que no ?cadro xeral se inclúan os seus orzamentos?, explicou Quintana. Anxo Quintana sinalou que a formación non tén afán de ?condicionar, só quere falar? e que se ?cumplan xa os compromisos?. Quintana afirmou que se Zapatero non ten garantías de que o AVE chegará a Galicia no 2012 ?que o diga, os nacionalistas entenderémolo pero se pensa que os prazos se van cumplir que nos de garantías e datos da inversión que se vai a facer en Galicia estes anos para cumplir ese compromiso do tren de alta velocidade?. O BNG ?queremos feitos?, matizou. Acompañando a Anxo Quintana, estaba o tenente alcalde de Vigo, Santi Domínguez, que mostrou o seu ?apoio? a Federación de Veciños na iniciativa que presentaron para que o Parlamento galego acepte debatir a Lei de Área Metropolitana para Vigo. O nacionalista coincide con Federación Veciñal en que non se pode retrasar máis un debate que é ?fundamental? para o desenvolvemento futuro de Vigo e a súa área metropolitana.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias