El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés

Quintana inaugura una Galescola en Laracha, que ven sumar 74 prazas públicas

O PPdeG recorda que o bipartito herdou "86 garderías en fase de execución"

19-09-2008

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, destacou durante a inauguración da Galescola da Laracha que a posta en marcha deste centro permite ao concello acadar os estándares europeos na ratio de cobertura de prazas públicas de educación infantil de 0 a 3 anos. Coa apertura desta galescola, o municipio pasa a dispoñer de 74 prazas públicas, o que supón unha taxa de cobertura do 35%, e sitúase así por enriba da recomendación da Unión Europea, que se atopa en 33 prazas por cada 100 menores de 3 anos. Durante a súa intervención, Quintana sinalou que a nova galescola, que botou a andar este luns con 54 nenas e nenos, recolle o espírito desta Rede: ?a aposta pola educación de calidade, pola imaxinación e a comunicación?. Este centro, ?do que se van beneficiar todos os veciños e veciñas deste concello?, conta con 74 prazas en 5 unidades, e na súa construción e equipamento a Vicepresidencia e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar investiron 678.000 euros. O cadro de persoal do centro está formado por 10 profesionais (3 mestres, 6 educadores, e unha persoa para servizos xerais). Instalacións Das novas instalacións, o vicepresidente chamou a atención sobre o novidoso sistema de portas corredoiras que incorpora, un sistema que permite xogar cos espazos para adaptalos e reconvertelos ás necesidades de cada día. Segundo explicou, isto ofrece unha maior versatilidade para a aplicación do proxecto educativo, xa que non se trata de aulas clásicas que son compartimentos estancos, senón de espazos móbiles e adaptables en función das idades e das actividades que se desexen desenvolver. Quintana tamén chamou á implicación das familias, que considerou fundamental para o proxecto das galescolas. ?Neste centro, con estas características de espazos adaptables, permítese unha maior participación dos pais e nais no día a día dos seus fillos e tamén unha maior comunicación entre as familias e o persoal docente?, sinalou. Na mesma liña, explicou que a versatilidade permite ademais lograr o equilibrio entre o proxecto educativo ideal e a sostibilidade económica, xa que en concellos pequenos, onde ano a ano pode variar o número de nenos matriculados e onde non sobran os espazos de calidade para a organización de actividades para os cativos, esta versatilidade permite contar con espazos que se poden adaptar ás necesidades da poboación do concello en cada momento. Así, chegado o caso, un aula que acolle habitualmente a nenos e nenas de 1-2 anos, pode converterse nun momento nunha ludoteca para cativos de 8 anos, se é preciso. ?Isto é algo que xa se experimentou con éxito nalgúns países europeos e que agora a Rede Galescola trae a Galicia, pois pensamos que se adapta ben ás necesidades do noso país?, apuntou. Ao respecto, Quintana xa adiantou que nesta estratexia de valorización dos espazos, o Consorcio vai investir este ano 200.000 euros en obras de reforma e reacondicionamento nalgunhas das escolas infantís municipais que foron transmitidas á Rede de Galescolas, co fin de adaptalas mellor ao noso proxecto educativo. Rede Galescola O vicepresidente da Xunta lembrou que neste arranque de curso 2008-2009 a rede Galescola conta xa con 73 os centros que suman 3.500 prazas e preto de 600 profesionais. Segundo indicou, a finais deste ano serán xa 85 os centros na Rede e ao remate da lexislatura 121 Galescolas e 6.000 novas prazas públicas de educación infantil de 0-3 anos na rede. Incremento do 65% das prazas Quintana destacou o esforzo sen precedentes realizado polo Goberno galego en materia de educación infantil, un labor que se ten traducido nun incremento do 65,4% das prazas públicas no que vai de lexislatura: ?En tres anos establecemos un claro compromiso en favor da educación infantil e en favor da igualdade?. É, segundo dixo, unha aposta por achegar novos servizos socioeducativos á primeira infancia que supón, ademais, ?un compromiso en clave de país, en clave de dereitos e en clave de investimento social?. Quintana lembrou que o mapa da educación infantil en Galicia ofrecía unha situación acusadamente deficitaria ao comezo desta lexislatura, con 6.595 prazas públicas e unha ratio de cobertura do 11%, ?Hoxe contamos con máis de 10.900 prazas públicas, o que supón un incremento do 65%, e a ratio de cobertura pasou ao 17,5%?. Neste senso, o número de escolas infantís 0-3 públicas sitúase agora nas 210, fronte ás 118 de 2005, chegando este recurso á máis da metade dos concellos galegos (53%) cando antes só o 27% dispuña deste servizo, o que supón, segundo sinalou, ?un avance que, ademais, proxecta un efecto reequilibrador sobre o territorio no marco do noso compromiso coa Galicia interior e o rural?. O vicepresidente fixo referencia ademais ás dotacións orzamentarias da Vicepresidencia para educación infantil, que acadan neste 2008 os 42,8 millóns de euros, fronte aos 25,8 millóns de 2005, un 65% máis. ?Estas son as cifras que exemplifican o ritmo de avance que está a percorrer Galicia no ámbito da educación infantil pública no ciclo 0 a 3 anos?, recalcou. Quintana tamén adiantou que, de cara a 2009, a previsión é manter un ritmo de creación de 20 novas escolas por ano, de xeito que no próximo ano se superarían xa as 13.700 prazas públicas e unha taxa de cobertura do 22%. Se se consideran tanto as prazas públicas como as sostidas con fondos públicos, Galicia acadaría a finais do ano próximo as 18.300 prazas e unha taxa de cobertura do 29,4%.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




NOTICIAS RELACIONADAS