Economía
22-09-2008
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, indicou que o acordo conseguido entre a Plataforma para a Distribución de Mexillón de Galicia (Pladimega) e a Federación Arousa Norte facilitará o desenvolvemento da Denominación de Orixe Protexida outorgada pola Unión Europea a este recurso galego. Ademais, manifestou o seu desexo de que comece a chegar ós mercados mexillón con este distintivo de calidade.
En declaracións ós medios de comunicación despois de participar en Vigo na inauguración do Encontro Anual de NAFO 2008, a titular de Pesca quiso felicitar a Arousa Norte e Pladimega polo consenso acadado despois de varias xornadas de negociación, baixo a medición do seu departamento, xa que permitiu retomar con normalidade, este luns, a actividade nos peiraos de descarga de mexillón en Galicia.
A Conselleira sinalou que este acordo dará estabilidade ó sector de cara ó futuro e susténtase entre outras cousas nun control único da producción e un sistema de organización. Así, Carmen Gallego explicou que entre os compromisos do seu departamento está a creación dunha mesa do mexillón, na que se tratará de organizar a producción para garantir que chegue ós consumidores o mellor mexillón de Galicia durante todo o ano, e o departamento de Pesca participará da mesa e das tarefas de control, desenvolvendo un labor de asesoramento, información e mediación en caso de que haxa dificultades de entendemento.
A Consellería facilitará ó sector un estudo sobre a situación dos polígonos de bateas para que os profesionais poidan traballar mellor o recurso e que este chegue ó mercado con estabilidade ó longo do ano e cunha gran calidade.
Según Carmen Gallego, o acordo é ?magnífico? e aglutina máis do 90% do sector polo que ten ?a suficiente amplitude para que pouco a pouco as demais organizacións poidan incorporarse?.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias