El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés

Innovación e Industria destina dous millóns para impulsar as Pemes galegas

28-10-2008

A Consellaría de Innovación e Industria subvenciona con 1.952.457 euros accións de mobilización, de dinamización e sistematización da innovación nas pequenas e medianas empresas galegas. Así o reflicte a resolución publicada pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación no Diario Oficial de Galicia do pasado 27 de outubro. Ademais, a Consellaría de Innovación e Industria resolve a liña de axudas para a realización de estudos de viabilidade, que supón un investimento de 198.700,20 euros. O obxectivo da orde de Dinamización da Innovación é sensibilizar sobre a importancia dunha xestión da innovación axeitada e contribuír á creación de dinámicas e de competencias que permitan o aproveitamento dos recursos de innovación e o acceso a socios e colaboradores que faciliten os procesos de cambio na empresa. A convocatoria consta de dúas modalidades. A primeira, á que se destinan nesta resolución 401.502 euros, apoia a organización de xornadas, seminarios e obradoiros por parte de empresas consultoras especializadas en xestión da innovación. A segunda modalidade de axudas supón un investimento de 1.550.955 euros, destinado a accións de dinamización da innovación en colectivos empresariais e a proxectos piloto de implantación de sistemáticas de innovación en pemes. Os beneficiarios das subvencións son tanto empresas consultoras especializadas na xestión de innovación como organismos de representación ou intermediación empresariais que aglutinan colectivos sectoriais ou xeográficos de empresas e que, ademais dunha función de representación do colectivo, deben prestar de forma habitual servizos de apoio ás empresas e presentar un interese preferente pola innovación. Financiamento para estudos de viabilidade O DOG doese mesmo día, o 27 de outubro, publica tamén a resolución da liña de axudas para a realización de Estudos de Viabilidade, que se inclúe dentro da convocatoria de Fomento da Investigación e da Innovación Empresarial. A través destas subvencións, a Consellaría de Innovación e Industria colabora con empresas galegas que están a facer estudos de carácter preparatorio para as actividades de investigación industrial, desenvolvemento tecnolóxico e innovación empresarial, así como aqueles que teñen por obxecto o diagnóstico tecnolóxico das capacidades da empresa e que serven de referencia para un determinado plan estratéxico de innovación. O investimento nas axudas a estudos de viabilidade é de 198.700,20 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias