El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés

Falece aos 77 anos o escritor lucense e académico Camilo Gonsar

09-11-2008

O escritor lucense Camilo González Suárez-Llanos, coñecido no mundo literario co pseudónimo de Camilo Gonsar, faleceu hoxe aos 77 anos. Gonsar formaba parte dunha corrente artística denominada "Nova narrativa galega", con grande actividade literaria en galego ao longo da segunda metade do século XX. Nado en Sarria en 1931, Gonsar estudou o bacharelato en Vigo e posteriormente cursou as carreiras de Filosofía e de Dereito en Madrid. Logo de residir durante un tempo en Londres, foi profesor de universidade en Nova York e dende 1964 exerceu a docencia como catedrático de instituto, ata a súa xubilación. Camilo Gonsar ingresou na Real Academia Galega o 14 de Decembro do 2002. O seu discurso de ingreso titulouse 'Sobre a literatura galega: un achegamento subxectivo', e a resposta veu da man do académico Xosé Luís Franco Grande. Nos últimos empeorara o seu estado de saúde. Entre a súa obra figura a peza de relatos 'Lonxe de nós e dentro', escrita en 1961, así como catro novelas: 'Como calquera outro día', 'Cara a Times Square', 'A noita da aurora' e 'A desfeita', rematada en 1983 e que lle valeu o premio da crítica de narrativa galega. Na bagaxe de Camilo Gonsar tamén constan dúas obras de narrativa: 'Cemento e outras escenas' e 'Arredor do non', ambas de mediados dos noventa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias