El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Cartas al Director

O Goberno destina casi 13 millóns de euros a Galicia para habilitar programas de agricultura, rural e pesca

24-12-2008 11:21:37

O Consello de Ministros adoptou destinar 100,3 millóns de euros entre as comunidades autónomas, dos cales máis de 12,83 serán para Galicia co obxectivo de poñer en marcha diversos programas de agricultura e desenvolvemento rural, así como para o sector pesqueiro.

En concreto, a comunidade recibirá 6,5 millóns para habilitar plans de promoción das novas tecnoloxías e de racionalización do uso de medidas de produción agrícola, 95.000 euros para programas de loita contra as pragas e 136.514 euros para programas estatais de control e erradicación das encefalopatías esponxiformes transmisibles (EETs) e outros males transmisibles dos animais.

Ademais, Galicia dispoñerá doutros 197.709 euros para implementar plans de ordenación e competitividade dos sectores gandeiros, á vez que o sector marítimo contará cun investimento de 423.007 euros para plans de cultivos mariños que se sumarán a outros 5,4 millóns procedentes das axudas a programas operativos da Unión Europea. Con estes fondos destinados á pesca, a comunidade recibirá case o 50% dos 11,9 millóns presupuostados a nivel estatal, situándose como a primeira autonomía por volume de investimento, por diante de Andalucía, que sumará 2,3 millóns.

En canto ao resto de partidas, o acordo tomado polo Goberno central supoñerá un investimento total no país de 88,37 millóns en programas agrícolas e gandeiros e da industria agroalimentaria, que se suman aos 123.887 euros cos que se pretenden paliar os danos nas producións das Illas Canarias, ocasionados polos incendios forestais de xullo e agosto de 2007.

Segundo o Ministerio de Medio Rural, as subvencións destinadas á renovación da maquinaria agrícola continuaron en 2008 "con gran éxito", contemplando unha cuantía máxima por beneficiario de 12.000 euros no suposto de adquisición dun tractor, de 30.000 euros para equipos de recolección e do 30% do investimento para outras máquinas.

O acordo formaliza os criterios de distribución acordados nas conferencias sectoriais de Agricultura celebradas o 13 de outubro e o 17 de novembro, e da de Pesca do pasado 17 de novembro.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias