El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director

LINGUA

Bota a andar a plataforma cidadá "Queremos galego", coa participación de máis de 40 entidades

23-07-2009 20:04:20

O pasado 14 de xullo ficou formalmente constituída no Museo do Pobo Galego a plataforma cidadá "Queremos galego", a partir dun grupo inicial formado por máis de 40 entidades sociais, tanto de ámbito autonómico como de ámbito local e comarcal, así como de persoas a título individual que se quixeron sumar á mesma.

Entre as entidades que forman parte da plataforma neste seu momento constituínte están A Mesa pola Normalización Lingüística, a CIG, o BNG, Esquerda Unida, o Sindicato Labrego Galego, os Comités, Galiza Nova, AS-PG, Adega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística ou as fundacións Castelao e Pedrón de Ouro.

Con todo, 'Queremos galego' prevé que "nun breve prazo" sexan moitas máis as entidades e persoas que se vaian sumando, dado o "interese" que, segundo indican os seus representantes, espertou a iniciativa, nun momento caracterizado "polos profundos e continuos ataques que está a padecer a nosa cultura". Entre as sús primeiras iniciativas, está o impulso e desenvolvemento dunha iniciativa lexislativa popular para garantir os dereitos lingüísticos dos galegos e a convocatoria dunha gran mobilización en Santiago de Compostela para o outono.

TRES PREMISAS BÁSICAS

Esta plataforma cidadá nace baixo tres premisas básicas. En primeiro lugar, que a lingua galega é "patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo galego", e, polo tanto, as institucións públicas teñen a "responsabilidade e obriga de protexela e promocionala"

En segundo lugar, que a normalización lingüística ten que ser un proceso "progresivo", polo que desde as institucións públicas non se poden tomar medidas que "desprotexan ou reduzan" a presenza do galego en ningún ámbito.

Por último, que os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos asinados por todos, e o consenso para a lingua galega está no fixado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2004, así como na Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, ratificado por unanimidade polo Congreso en 2001.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




NOTICIAS RELACIONADAS