El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director

CULTURA

A Xunta declara de interese cultural a Fundación Gaiás-Cidade da Cultura

07-08-2009 13:29:48

A Consellería de Presidencia, Administtracións Públicas e Xustiza declarou de interese cultural a Fundación Gaiás-Cidade da Cultura, encargada de xestionar as distintas actividades que se realizan no complexo cultural. Esta decisión quedou recollida no Diario Oficial de Galicia. Segundo indica o DOG, a Fundación quedará adscrita á Consellería de Cultura e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación, constituída en decembro de 2008, ten entre os seus obxectivos principais a promoción, fomento e difusión da cultura de Galicia e a súa relación co exterior, en particular con Europa e Iberoamérica. Así mesmo, correspóndelle a xestión das actividades culturais que se realizan no recinto e das infraestruturas que son da súa titularidade, como o Centro de Arte Internacional, o Museo de Nenos e o Centro de Recursos Obradoiro.

O padroado da Fundación Gaiás é de composición maioritariamente privada, xa que posúe un capital social de 23 millóns de euros, dos que 11.250.000 euros, case o 49 por cento, corresponden á Fundación Cidade da Cultura, e o 51 por cento restante procede de varias empresas privadas





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias