El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García

SANIDADE

A Xunta pon en marcha unha campaña divulgativa sobre medidas contra a gripe A

14-09-2009 11:37:55

A Xunta de Galicia pon en marcha unha campaña divulgativa sobre a gripe A para informar a poboación de maneira "clara e sincera" sobre os protocolos para facer fronte a esta pandemia.

A campaña, presentada a pasada semana pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, estará presente en 4.000 puntos de toda Galicia co título "O que tes que saber sobre a gripe A está nas súas mans".

Para iso, distribuiranse máis de dous millóns de trípticos informativos, 50.000 carteis, 25.000 folletos con instrucións sobre o lavado de mans e 10.000 folletos con recomendacións xerais.

Entre estas, a Consellería destaca lavar as mans frecuentemente, tapar a boca e o nariz ao espirrar, quedar na casa se se está doente, observar a evolución dos síntomas e informarse a través dos centros sanitarios ou nos teléfonos habilitados.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias