El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Igaem adxudica 785.000 euros en axudas a 25 compañías galegas para a producción de espectáculos de teatro e danza

07-08-2006

O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem) adxudicou un total de 785.000 euros a 25 compañías profesionais galegas, como resultado da convocatoria de axudas á producción para espectáculos de teatro e danza. O Igaem ratificou a concesión de 51.526 euros para a distribución de 13 montaxes, ademais de resolver outras catro modalidades das seis convocadas no marco do programa xeral de subvencións ao sector escénico e musical para 2006, é dicir, as axudas á distribución, as dotacións da Rede Galega de Teatros e Auditorios, á programación de salas de teatro e artes escénicas e ao estudo e investigación. Nesta primeira fase adxudicouse máis de un millón de euros, o que supón o 72 por cento do orzamento total. Con este investimento téntase fomentar a creación dunha industria galega do teatro, a música e a danza que sexa "innovadora e competitiva". A contía restante resérvase á modalidade dirixida á actividade asociativa, universitaria e non profesional aínda pendente de resolución, así como ás liñas de apoio á distribución e á formación. No caso das subvencións á producción de montaxes teatrais e coreográficas as axudas destínanse aos novos espectáculos de 18 grupos profesionais galegos de teatro de actor e monicreques, así como ás propostas coreográficas de grupos de danza como Druida Danza, Ballet Studio ou Disque Danza. En canto ás axudas á distribución resérvase un orzamento de 240.00 euros, das que se benefician 13 compañías escénicas como Sapristi Teatro, Teatro do Noroeste ou Teatro Buratini. Oito escenarios resultaron beneficiados do total de 120.000 euros convocados nas axudas á Rede Galega de Teatros e Auditorios, mentres que os 95.000 euros reservados para a programación de salas de teatro foron adxudicados a 5 espazos de titularidade privada entre os que está a Sala Nasa e a Sala Yago de Santiago.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias