El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Ciclo da Fundación Caixa Galicia "As Nosas Músicas" leva o venres música galega e brasileira a Bertamiráns e A Cañiza

09-08-2006

O Ciclo da Fundación Caixa Galicia 'As Nosas Músicas' levará o venres a música galega e brasileira aos concellos de Bertamiráns e A Cañiza. A localidade coruñesa de Bertamiráns acollerá a actuación do grupo galego Luar na Lubre, que terá lugar no paseo fluvial. O grupo é unha das formacións máis importantes do folk en Galicia e ten un importante peso internacional. As súas composicións baseanse nas músicas de raíz galegas, prestando especial atención aos cancioneiros galegos. Pola súa parte, o concello pontevedrés de A Cañiza acollerá o venres ao músico brasileiro Gustavo Almeida, que actuará na Praza Maior. O brasileiro leva 6 anos recorrendo Europa coa súa guitarra acústica, coa súa música e a do seu país natal. As súas actuacións están caracterizadas pola súa simpatía e pola súa capacidade de improvisación. As dúas actuacións forman parte da sexta edición do ciclo musical de Caixa Galicia, que levará o mellor da música a máis de 30 concellos galegos durante todo o verán.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias