El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

MÚSICA

Berrogüetto editará en DVD o derradeiro concerto da súa xira "Kosmogonías"

08-11-2010 14:04:47

O vindeiro 13 de novembro ás 21:00 horas o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela vivirá un momento único na carreira de Berrogüetto mediante a gravación dun concerto que se editará o vindeiro ano en DVD, segundo informaron fontes da banda.

A gravación deste concerto suporá a primeira ocasión na que este grupo, referencia internacional da música galega, recollerá en directo unha das súas actuacións. Deste xeito, o último concerto da xira estatal 'Kosmogonías' suporá un aliciente para os seus asistentes, arroupando a Berrogüetto e sendo protagonistas do seu novo traballo.

Para este concerto, Berrogüetto desenvolveu unha especial escenografía non vista durante a xira e que sorprenderá ao público. Así, acompañará a actuación dunha peza de videocreación deseñada en exclusiva pola artista Olaia Sendón.

O concerto de Santiago porá fin á xira que levou a Berrogüetto a escenarios de toda Galicia, ademais de cidades como Madrid, Zaragoza ou L´Hopistalet de Llobregat. O vindeiro DVD publicarase no ano 2011, coincidindo coa xira internacional 'Kosmogonías'. Este concerto suporá o comezo do ciclo 'Sons da Diversidade', organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias