El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

CULTURA

O proxeto "Libro de Pedra" posibilita unha viaxe virtual por Santiago e a súa catedral

01-02-2011 19:33:28

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou o paquete de aplicacións e contidos para a musealización virtual da catedral de Santiago e dos lugares e monumentos que configuran o espazo xacobeo. Trátase dunha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura e Turismo, e desenvolvida polos equipos de Ilux Visual Technologies e o Grupo de Visualización Avanzada VideaLAB da Universidade da Coruña.

O proxecto 'Libro de Pedra' consiste nun paseo virtual pola catedral e a cidade de Santiago e enmárcase no proxecto europeo 'Loci Iacobi. Lugares de Santiago. Lieux de Saint Jacques' de revitalización do Camiño en Galicia, Francia e Portugal.

A aplicación é unha ferramenta web que utiliza as novas tecnoloxías para amosar, cun nivel de detalle sen precedentes, a capital de Galicia e o seu monumento máis emblemático. Permite ademais coñecer en profundidade a historia da basílica. En 'Libro de Pedra' a innovación tecnolóxica ponse ao servizo da cultura e o patrimonio histórico nun proxecto para o que se realizaron máis de 60.000 fotografías de alta resolución. Pódese acceder dende calquera parte de mundo a través do enderezo web www.turgalicia.es/librodepedra.

O interior da Catedral pode visualizarse dende calquera punto de vista a través de imaxes totalmente inmersivas. A través desta aplicación, o usuario pode desprazarse dende calquera parte do mundo ao interior da basílica. O museo catedralicio tamén se pode visualizar a través de imaxes esféricas que permitirán ao usuario internarse en todas as súas estancias. As imaxes panorámicas que se ofrecen de Santiago cobren a totalidade da cidade dende diferentes puntos de vista. A riqueza das prazas e rúas do casco histórico tamén pode admirarse con especial relevancia a través de imaxes en 360 graos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias