O mellor cinema árabe regresa ás noites compostelás coas Lúas de Amal. Dende febreiro e até xuño, esta iniciativa brínda unha nova oportunidade para gozar de películas que xa participaron en anteriores edicións do festival Amal, organizando proxeccións gratuítas que terán lugar o último luns de cada mes.
As Lúas de Amal aposta unha vez máis pola interactividade e a participación do público, xa que serán eles os que teñan a última palabra para decidir que título se proxecta. Cada mes, os espectadores poderán votar pola súa película favorita entre tres opcións propostas na páxina web de Amal: www.amalfestival.com.
Este mes, poderán escoller entre o documental xordano 'Árabes cristiáns', a longametraxe marroquí 'Acórdasche de Adil?' ou unha sesión de tres curtametraxes exipcias: 'A Criada', 'Sobre o ceo baixo o chan' e 'Vermello pálido'.
As votacións on-line estarán abertas até o vindeirofestival a opción máis votada, que se proxectará o luns 28 de febreiro na Galería Fundación Araguaney ás 22.00 horas.