El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

LITERATURA

Cultura presenta o catálogo "Galician Books for Children & Young People" na feira internacional de Boloña

29-03-2011 18:13:14

 A Consellería de Cultura e Turismo vén de presentar na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña o catálogo 'Galician Books for Children & Young People 2011', editado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e que recolle produción galega destinada ao público máis novo do último ano. O catálogo foi realizado en versión trilingüe (galego, castelán e inglés).

Na feira tamén se amosa o labor realizado polos creadores galegos no eido da ilustración. Nesta feira, de carácter eminentemente profesional, as editoriais presentes realizan un labor de oferta, captación e intercambio de obras e dereitos.

Así, neste evento editorial están representadas no expositor de Galicia 16 editoriais: Edicións Obradoiro, Baía Edicións, Editorial Galaxia, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, Edicións Embora, Editorial Everest, Ir Indo Edicións, Editorial El Patito, Edicións Nigra Trea, Edicións Xerais, Editorial Ideas Propias, Edicións Toxosoutos, Biblos Clube de Lectores, OQO Editora e Edicións do Cumio.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias