A sala de exposicións do Centro Cultural de Arteixo acolle dende hoxe e ata o vindeiro 16 de septembro a mostra do galardón ‘Luis Ksado’ de fotografía organizado pola Deputación da Coruña, que recalou na última edición en mans de Diego Verjés Requejo pola súa obra ‘Ángeles City’.
Cunha dotación de máis de 6.500 euros para a serie de fotografías gañadoras, o ‘Luis Ksado’ convertiuse dende fai anos nun bo escaparate para todos aqueles artistas que andan na procura de buscar o seu espacio no eido cultural da fotografía.
Cada un dos participantes ten a obriga de presentar unha serie dun mínimo de seis fotografías e un máximo de doce, de tema libre e sen manipulación dixital.
A Deputación poderá publicar ou expoñer o traballo premiado, que quedará da súa propiedade; igualmente e, previo acordo cos seus autores, poderá publicar ou expoñer aqueles traballos non premiados que se consideren de calidade.